20080312

Moitas empresas

    Unha volta rematado o tema principal das eleccións, (tamén aquí, complementando o anterior) Onte saíron as axudas para a instalación de empresas en diversas zonas ('áreas prioritarias'). Entre esas diversas está Ribadeo. Hoxe sae na prensa un pequeno recadro lembrando que as axudas, se non se controlan, valen sobre todo para facer unha transferencia gratuíta do público ó privado. Polo demáis, as subvencións poden xerar moitos recursos para todos. A cousa é saber cal das dúas opcións vai ser. 
    O que nos leva a que vinte empresas optan á construcción do ascensor da Atalaia. Concello, Medio Ambiente (o licitador, a traverso de Costas), ... é un proxecto no que non creo por varias razóns, que van dende o impacto ó control de gastos, pasando poo mantemento. Aínda o outro día lle din un repaso ó libro onde aparece o proxecto e lembrei a entrada neste blog, (non é a única referida a el, pero si a máis ilustrativa). 
    Tentando rematar o do pleno de onte, lembro en primeiro lugar o comentario de José Mª, dando outra visión e por se acaso nno me da tempo a finalizar o 'informe' agora (cousa moi probable). 
    O último ponto foron os rogos e preguntas. Comezou UPRi a rolda, como sempre (van as intervencións de menos a máis votados, exceptuando a intervención inicial do alcalde), esta volta preguntando sobre os cartos do gabinete de comunicación. 
    Ó final, é un gabinete externo. E dicir, é unha contrata a unha empresa, localizable en faronorte.es, (non confundir co moito máis famoso e presente na web polo momento, restaurante 'Faro norte'), por 6000€ + i.v.e. ó ano,con contrato anual prorrogable por periodos iguais. Seguiu unha pequena dación de opinións e aí quedou a cousa. Igual que queda esta entrada, sen rematar a información polo momento...

Ningún comentario: