20080305

O custe dos dereitos


O título ven dun artigo que lino outro día: os dereitos non son gratis, para exercelos hai que dispoñer de ánimo, mantelos en bo uso, como calquera instalación que queres que non te falle, e iso representa tamén un coidado, unha preocupación e unha inversión. Xa espuxen moitas veces que dereito que non se usa, dereito que remata por perderse. Pero non é só iso. Tamńe necesita unha visiancia,pois se non, aínda que se use, pode usarse cada volta en peores condicións. E necesita en xeral tamén cartos para que esteña en condicións de garantirse, e deberes para axustar o seu cumprimento. Estou agora a lembrarme dun comentario que deixaron na entrada de onte. Os impostos, ises pagos que parece moitas veces que desaparecen, son os que fan posibles moitos dos nosos dereitos. De novo, a administración económica inflúe na administración sociopolítica. E de aí paso a Ribadeo: a débeda do concello e a súa xestión económica, como está a influír nos nosos dereitos? Teño a miña idea sobre o tema, e por exemplo parece que non hai para pagar máis policía municipal polas noites (xa axustei tamén onte que as prioridades monetarias podían ir en outra dirección e así 'desvestir un santo para vestir outro'.
Luns é a data escollda polo concello para o próximo pleno (o segundo luns de mes impar, se non hai retraso, hai pleno ordinario), e nel se tratará por fin de novo o PXOM, do que tamén falei varias veces últimamente. En correspondencia co que dícía antes entre dereitos e deberes, a súa aprobación irá acompañada da suspensión temporal de licenzas de obra. Polo que parece, o alcalde di que é un exemplo de transparencia e traballo en común. Pero non estamos na rodaxe dunha película (iso foi luns, parece ser). En coto cerrado é doado cazar, diría eu. Cántos dos que estades a ler isto participáchedes dalgún xeito? paricipación para quen?. E non estou dicindo que non se fixera mellor que noutros sitios (pode ser), senón que xa hai unha idea de democracia na que os dereitos esquécense e polo tanto non fan falta impostos para mantelos (aí están as propostas eleitorais/eleitoralistas dos candidatos a rexir o estado; que non farán os concellos...)
Conforme co dito onte sobre prioridades, parece que se vai a voltar ó servizo de comida a domicilio para maiores (axuda da Xunta, dirán, como se non fóra dos impostos), mentras está tratando de mermarse ou capitalizarse (é dicir, pasar a depender de pagos puntuais en troques de impostos, creando máis diferencias sociais entre os seus usuarios/nonusuarios) os servizos citados de escola de música e demáis.
Algo noutro concello: en Viveiro, os pescadores denuncian o estado deplorable do cauce do Landro. Queren pescar, e reclaman o coidado comunal (porque a lei lle atribúe a comunidade ó tema, mediante o sistema de cuncas hidrográficas). É dicir, noutra versión do xa dito, de novo están exercendo presión para tentar de que os seus dereitos se vexan recoñecidos.
A foto, da ponte na actualidade (semana pasada), para ir lembrando o seu estado actual.
E toda a información dispoñible ata o momento sobre a Feira da Ciencia.
Por certo, onte houbo mítin... alguén se fixou que desta volta os mitineiros non usan o auditorio. Por que? Porque mesmo o auditorio de Playmóbil (así o bautizou hernán naval, ironías do destino) lles queda grande ós políticos.

Ningún comentario: