Onte luns foi san Patricio. Entereime á noite coa música e os sombreiros... o final do día do via crucis. Comezou cun monográfico da COPE sobre a dimisión de Valín no posto do PP, anunciada a semana pasada e á que se lle quixo dar aires de crise provincial do partido (dun partido ó que se lle achaca unha crise nacional sen ver moi ás claras o por que). E ía rematar co Via Crucis - Via Crucis polas rúas de Ribadeo, pero iste, por medo á choiva que logo non se prodigou, quedou encerrado nun mini por dentro da igrexa, reducido mesmo no número de pasos. É o mesmo. Nestes casos hai que elixir entre centrarse nas verbas, nos feitos ou nos sentementos. querer abranguer os tres non o vexo posible. As verbas, en castelán, e relacionadas coa relixión, non soen casar moito cos feitos/actitudes que se prodigan, xa sexan de decencia ou de reverencia. E os sentementos permanecen como illados, sen saber que carta xogar cando hai que poñerse en situación/teatro e ó tempo receber leturas que se nota que son iso, leturas e non 'o que sae de dentro'. A igrexa, con ocos abondo, non puido competir coa asistencia doutros anos, pola rúa.
A foto, na esquina da praza de España con Amando Pérez, unha estampa xa coñecida. Cunha diferencia: a prevención que indica a fina liña amarela na foto, posta recentemente en función dunha falta que era patente, a da seguridade pola caída de anacos da casa baixo os soportais. Pódese ver xa en Ribadeo falls (Ribadeo, 2006) o tema, e varias veces despois no blog. De calquera xeito, segue a camar a atención que esteñan cubertos os vidros para a proxección das curtas... dende hai dous anos, e non se cubrira ata agora o perigo na parte baixa: os carteis que se ven aínda indican cosas da Semana Santa, como a propaganda das festas nouturnas.
... hoxe a cousa non vai exactamente de urbanismo.
Ningún comentario:
Publicar un comentario