20080309

Onte foi o día da muller, a máis de véspera eleitoral


    A máis do día de reflexión, foi o día da muller. O que quedará no futuro, cando coido que o que debera quedar sería a reflexión contínua e así non faría falla o día da muller, en todo caso, non máis que como exaltación, por exemplo.
    Pola mañá, na casa das Letras presentouse o Observatorio da Mariña pola Igualdade, pois iso, para observar como vai o tema da igualdade entre sexos na zona e promovela a nivel de dereitos e deberes, espero que conservando outro tipo de diferencias. Actuou Leilía ás nove da noite no Hernán Naval, co auditorio medio cheo e un desparpaxo que ilustrou a música tradicional cun enfoque moderno. E despois, petiscos para os asistentes que o quixeron a escote.
    Mentras, neste día eleitoral, e cara a Ribadeo, é cousa de preguntarse: Estará o plan que se espera aprobar mañá no pleno a disposición de todos en internet para os dous meses de alegacións cidadáns? Esperemos que si, como estivo o anterior (que conservo no ordenador)
    Tamén parece asombrar a algunha xente que o tema do ruído na ponte do que se queixaban algúns veciños esta semana esteña xa lista. En comparación cos case 15 anos de ruído na rúa de noite, hai algo de diferencia, e o número de veciños afectados neste segundo caso é maior (pero ten a chave da solución o concello, enfrentándose a quen fai ruído, e iso non se estila en Ribadeo).
    En fin. Queda o díptico de Mariñarte (unha das caras xirada para poder observalo sen ser 'patas arriba) como testemuña doutra exposición que se celebra en Ribadeo.

Ningún comentario: