20080317
Para meditar sobre o PXOM de Ribadeo
Onte vin unha nova entrada do blog de José Mª sobre o PXOM. Coido que se alguén está interesado / interesada, da unha letura sen desperdicio.
Hoxe prefiro non poñer máis comentarios diretos, senón anacos dunha entrevista do El País Semanal de onte a Jorge Olcina, Xeógrafo. Naturalmente non se ten por que comulgar exactamente con eles, pero dan unha base de pensamento. (Por certo, non creo que José Mª o lera antes de escribir o seu artigo, pero poden compararse os anacos)
'Non vin nos programas políticos ningunha estratexia de cidade'. '... os partidos deberan prantexar algúns principios básicos de por onde queren que vaia o territorio...'. (O que o Tesón reclamou para Ribadeo xa no anterior intento de plan)
'Segundo, a participación cidadá. A ordenación do territorio en España ata agora, fíxose moi dende arriba, sen contar coa cidadanía, e coido que iso é un erro' . 'O proceso de ordeación do territorio das próximas décadas necesita políticos capaces, que tomen decisións a curto prazo, e cidadáns responsables que esixan a ises policos'. (cántas voltas levan saído afirmacións semellantes neste blog?)
'O político entende que una volta elixido como representante ten potestade para facer o que lle pete, e non' (aí adianteime varios anos; díxenllo a Balbino un xeito público na Casa do Mar a conto doutro tema)
'Xorden problemas relacionados coa perigosidade ou riscos, como abastecementos de auga, pois se non se coñece o medio físico, de nada vai server o crear polígonos industriais porque non imos ter auga para abastecelos' (Non soa o 'runrun' coa verba 'Barreiros'?...)
As imaxes, o comezo do xardín, e un conxunto de catro formando un 'Ribadeo 180º' se se poñen de xeito consecutivo.
Etiquetas:
arquitectura,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario