20080303

Peón de facenda, revolucionario, tendeiro, funcionario


Así reza unha canción mexicana co recorrido laboral dunha familia: o pai, peón nunha facenda; o cantador, revolucionario; os fillos puxeron tenda, o neto, funcionario. Hai que entender que funcionario é de acordo coa imposición do poder.
Remato de lembrar o corrido mexicano por dúas razóns sen moita relación entre sí e con pouca en relación co corrido, pero con algunha.
A primeira é a entrevista a Mariano Seixo Grueiro, ribadense Candidato ó Senado por Lugo, que se pode ver e escoitar en Vieiros.

A segunda, o ter excoitado onte a historia de Pedro Madruga na tele. Resulta que despois de ser bastardo e sen dereitos, acadou a fidalguía e foi un dos seus fillos, educado en castela, na coroa, quen traizoou o pai e manobrou de xeito definitivo para rematar cunha nobreza galega 'independente'. Non me meto no carácter e ideas do persoeiro, de armas tomar, senón no de 'Del monte sale quien el monte quema' ó que referín o outro día: é un fenómeno estudado a transformación ideolóxica que adoitan sufrir quenes escollen o camiño de misturarse con aquelo que queren cambiar para cambialo dende dentro. Non sempre ocorre, pero ten abondas probabilidades.

Catro fotos completan o post, tomadas práticamente dende o mesmo sitio. A primeira, unha vista con poucos cambios dende hai tempo no aspecto, non así no nome: a do IES 'Gamallo Fierros', antigo IB Carlos Mª Rodríguez de Valcárcel. A segunda, o aspecto de cómo quedaron os vestiarios do pavillón vello despois do remoce do que teño falado algunha volta no blog. Outra máis, coas obras no CIFP Porta da Auga (non confundir co IES Porta da Auga, que agora xa hai que especificar) e o aspecto actual do bloque das vivendas de profesores, unha volta que se lle sacou a maleza á zona de descampado.

Ningún comentario: