20080331
Pensamentos de luns
O primeiro pensamento é quizáis o alongar a fin de semana. Máis cando se trata do primeiro luns despois dun cambio de horario recesivo como iste, no que toca durmir unha hora menos/levantarse relativamente unha hora antes.
Estou oíndo un camión do lixo dos que multarían en Bilbao por pasarse de decibelios. Aquí, antes de chegar a esas sutilezas hai que procurar que se queden moitos decibelios polo camiño as fins de semana e outras noites.
Mellor, en imaxes. Dende o anuncio dos Moondogs blues party en vivo en Ribadeo para dentro de dúas fins de semana áspedras deixadas preto de Rocas blancas supónse que coa intención de fcer mesas e bancos na zona recreativa do faro, pasando por unha vista dos apoios laterais que lle están a poñer á ponte dos Santos, polas obras comezadas no Xardín de Sela / Parque de indianos,e o lixo nun solar na peonil que leva xa tempo co anuncio rachado de que alí se vai a construír. Por certo, debe ir tomano cartas de natureza pois en Foto Miguel, á beira do solar, hai unha fotocomposición de como quedará. Mentras, o domingo estivo 'aberto ó público', con parte da valla retirada.
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario