20080310

Primeiros balances post-eleitorais



Congreso. A nivel estatal
1.Bipolarización entre os grandes, que eliminan ós pequenos (en particular, IU e Esquerra de Catalunya)
2.Aínda a pesares do aumento de votos e escaños dos 'grandes', aumentando ambos 5 deputados, o PSOE pode telo máis difícil, tendo máis valor os 2 do BNG.
A nivel provincial
1.Sen trocos no reparto, con aumento da esquerda.
2.Ó BNG faríalle falta outros tantos votos para conseguir un deputado.
A nivel local
1. 43,4% PP, 38,2%PSOE, 14,4%BNG indican o tirón das estatais ben diferenciado das locais.
2.Aínda así, o BNG está máis representado que no resto da provincia.
Senado:
1.Cuasiempate técnico PSOE-PP
2.Na provincia, como estaba calculado: primeiro, os do PP, logo, os do PSOE, logo, os de IU, e case á par co estes, con moita diferencia dos demáis, o candidato ribadense do POSI, Mariano Seixo Grueiro.
Esta última nova implica un cambio de fondo: se un candidato que non fai campaña máis que moi curta a traverso de internet logra un resultado de 1640 votos, hai un cambio no xeito de facer as cousas que xa é factible.
Bo, a falta de tempo para dar agora os resultados de Ribadeo, queda a cousa así para o Congreso (Lugo) e para o Senado (Lugo), segundo a web das eleccións

Ningún comentario: