20080314

Queima


A web do concello co tema das descargas do PXOM: é grande o tamaño e hai moitas. Por certo, que hai que lembrar que os dous meses de alegacións comezan a partir da publicación no boletín, cousa que se soe retrasar algún tempo e que hai que contar porque o volume de información do plan é grande. Para ir facendo boca xa me dixeron dalgunhas lagoas, entre as que está que non aparezan as alegacións de O Tesón ó plan anterior. Ë certo que eran moi xerais, pero indicativas de que o plan debera ser rexeitado, como así foi. Non foron contestadas no seu momento e parece que tampouco se tiveron en conta no plan (a falta de máis ver), pode que en correspondencia con que O Tesón fora apartado de todo contacto co concello na época anterior.



Quitemos ferro ó asunto mentras non sexa exhaustivamente comprobado indicando unha curiosidade. despois de ver onte un xornal xa vello a asignación de cartos por voto (diferente e maior no caso do Congreso que no caso do Senado) e por deputado, ocorreúseme calcular non os do PP e PSOE (por ise orde, os que máis receben, uns 20M€), senón os que Mariano Seixo Grueiro lle reportou ó POSI na provincia (a lembrar que foi o candidato ó senado máis votado despois dos correspondentes a PP, PSOE, BNG e EU). 1640votos x 0,32€/voto = 514,8€. O dito, unha curiosidade.
Remata a entrada un detalle dunha captura de pantalla (visible a doble tamaño do orixinal do plano despois de premer co rato sobre ela) da zona da atalaia. Non vexo o ascensor que se vai a licitar. E vexo unha rampa na auga... Será que non interpeto ben o plano?

Ningún comentario: