20080304

Temos que chamarlles cousiñas ou teñen máis entidade?



Parece que o PXOM xa está listo para sentencia. É dicir, para votación preliminar. Se non lembro mal, despois ven a viaxe a Santiago para o visto bó, e logo, volta para aquí. Se todo foi ben en Santiago, un mes para alegacións dos veciños e aprobación definitiva. A cousa é algo máis que unha 'cousiña', pero despois de varios tiras e afrouxas previos, hai que tomala con cautela aínda que se teña consenso, que é o que parece. E é que os consensos e votacións unánimes ás veces poden non significar nada máis que tirar para adiante como sexa ou non querer sacar as castañas do lume ninguén. Alguén quere exemplos?
Hai un compromiso para o pago dos expropiados da autovía... Coido que o primeiro que se lle ocorre a un é: E logo, non pesaban pagarlles?
A prensa trae un descubrimento fundamental: os servizos do concello de Ribadeo son deficitarios. Pois para esa viaxe non facían falta moitas alforxas. O normal é que un servizo público sexa subvencionado; se non fora así, tería unha competencia privada que estaría clamando pola 'competencia desleal' das entidades públicas. De feito, moitos dos servizos públicos están a privatizarse a partir de subvencións do concello ás empresas que os xestionan, nun curioso dar impostos a entidades privadas para facer algo que deberan xestionar as entidades públicas direitamente. O resultado moitas veces soe ser un aumento de custes e unha diminución de servizo. Un dos casos paradigmáticos no tema é a privatización dos ferrocarrís ingleses, que nun par de anos baixaron a calidade de servizo, descuidaron o material e a rede, aumentaron os accidentes, aumentaron o prezo, .... Claro que, ás veces, a corrupción interna fai que non sexa mala opción o 'externalizar' o servizo mediante unha empresa (se a corrupción non se traslada ou mesmo aumenta deste xeito, que tamén pode pasar). Por certo, os servizos dos que fala a prensa son a escola de musica, as escolas municipais e a ximmasia nas parroquias. Podemos discutir, eso si, se 'son necesarios', son 'convintes', teñen outro tipo de 'retornos económicos', etc, porque os recursos non son infinitos (e menos na situación actual de Ribadeo) e poidéranse adicar a outras cousas que se consideren preferentes.
Alcalde e excalde, en época eleitoral, fan das súas como calquera político. Así, os dous rodaron en Rinlo 'Os mortos van á présa'. Fixéronno de curas, un papel de oficiantes cunha ideosincrasia parella moitas veces a dos políticos.
E onte houbo debate a dous de novo, en espera das eleccións do nove. Quen gañou? Pois de novo, os dous, que deixaron fóra outras opcións. Un mais que o outro, por suposto, pero os dous.
E a foto, xa de hai unha semana, coa imaxe actual da rúa cegada durante varios anos por unha obra nun edificio veciño (si, a obra que botou abaixo un anaco da Avenida de Galicia). Quedou ben? Daquela alomenos non parecía estar todo tan en orde como debera. Ó mellor ista mañá o está.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Hola. Estoy totalmente de acuerdo con el artículo, pero además apuntaría que hay que tener cuidado con las empresas que llevan la gestión de diversas actuaciones de los Ayuntamientos.
En primer lugar, es muy cómodo para los políticos dejar en manos privadas unos servicios que desde hace años les competen (o eso creíamos). Desde luego tambien es muy cómodo para las empresas privadas tener como clientes a los Ayuntamientos (aunque paguen tarde).
En segundo lugar, estas privatizaciones siempre van a tener efectos negativos sobre las clases sociales mas desfavorecidas.
En caso de impago, la empresa privada puede llegar a ejecutar embargos. (y un impago puede incluso ser un error administrativo tanto del banco como de la Administración)