20080307

Un pleno para o cidadán


... Ogallá o fora, pero polo momento non parece que sexa esa a orientación polo momento. Co tempo, quen sabe. E, mentras se pode achegar ese momento, aí vai a orde do día do pleno do luns 9 de marzo de 2008 (lembrar que se pode ampliar premendo sobre ela co rato). Que conste que é un arranxo entre dúas follas, para que cadre ben, non aparezan sinaturas e demáis.
Pois iso, despois de onte amañar un espazo para Deus, hoxe para o César. Non din que a cada un o de cada quen?
E seguindo coa distribución, se antonte destapouse que era Mahía quen reclamaba a Ribadeo, agora o alcalde responde: 'O converter o monte en chalés acabouse en Ribadeo'. É de supoñer que teña o apoio xeralizado dos veciños no tema. E o de Mahía é só un tema máis do PXOM. E,segundo o duro que se poña, ó mellor luns ten problemas na votación do Plan, no que polo que teño entendido polo momento está só o BNG para levalo adiante.
Onte lin dúas cousas que reseño, en certo xeito relacionadas co tema, pero máis coa época eleitoran en xeral. A primeira é unha sinxela verba, que saca da manga Paul Auster nunha das súas obras inspirada nun político, pero aplicable a moitos: embushteiro. Coido que sobran comentarios.
A segunda, máis amplia, é unha cita de fernando Trías de Bes: "Todos recordamos la escena donde Pinoco y sus amigos creyeron en las falsas promesas del malvado personaje que los sedujo mediante gratuitas golosinas. Embelesados, viajaron hasta la isla del placer, que resultó ser un señuelo. tras horas de diversión, losniños se convirtieron en burros. Valga la analogía para ilustrar la ronda de promesas de las últimas semanas". Eu diría que no de Pinocho non foron horas de placer, senón momentos, e que polo menos alí foron momentos. Na política actual, nin eso, só promesas. pero o que queda en ambos é a burramia coletiva; cada promesa é algo así como un 'apúntaste a ser burro?'
Por outra parte, agora non só produce ruído a movida ou os talleres con máquinas automáticas en Ribadeo. Tamén protestan polo ruído os veciños da Ponte dos Santos que ven como planchas de aceiro postas para as obras se descolocan e lles fan a vida imposible: están planeando medidas de presión, aínda que é de esperar que a ponte remate nun prazo prudencial.

A foto, da obra parada do CIFP Porta da Auga.

Ningún comentario: