20080402

Esforzo persoal


Ana Ferradás volta a ser nova: outra vez, campeona de España de 100 km non me fixo tanto no título renovado, senón na vontade manifesta ano tras ano para unha traballadora que día a día ten que estar no super atendendo á xente antes de poñerse aentrenar a un ritmo que lle permita aguatar os 100 km e non só, senón tamen gañar. Coido que se pode establecer unha épica detrás desta persoa, adicada ó deporte como outra xente pode estar adicada a outras cousas.
De esforzo persoal se pode calificar asemade a XIV Feira da Ciencia e Tecnoloxía que se inaugurou no IES Porta da Auga onte. Esforzo de moitas persoas (coma sempre, unhas máis, outras menos)
Nada que ver co do tristemente célebre parque de bombeiros comarcal, que agora, anos despois de comezada a polémica sobre quen ten a culpa da súa non posta en marcha, enterámonos de que non ten licenza municipal nin potencia de subministro de auga. É dicir, un despropósito como obxectivo. Despropósito que se debe vixiar, pois non parece ser o único dos nosos gobernantes. As célebres cooperación goberno-empresarios que cando se asinan se cacarea tanto, se non se vixía pasa como en Barreiros: cous empresarios da construcción que deben axudar ó pago da rede de auga de Barreiros están ilocalizables. Venderían xa os seus pisos?
E, mentras, parece que se pode repetir o enfrontamento político en Ribadeo, dista a conta do xulgado. Esperemos que sexa só o típico de 'xeneremos unha nova para saír na prensa, que últimamente non temos publicidade'.
A foto, unha vista aprcial da Feira da Ciencia e Tecnoloxía, aínda sen encher, só a preparación inicial do espazo.

1 comentario:

Anónimo dixo...

Se os constructores non dan cartos e foi esa a condición para a licencia, téñeno doado, non hay que ir tras deles: que tiren os edificios

Facer 3:18 na primeira maraton e tremendo, e o dos 100 km incrible. Vexo que segue de caixeira, moitas veces téñome cruzado con Ana cando eu saia a entrenar.

Esta frase resume moi ben a situación 'xeneremos unha nova para saír na prensa, que últimamente non temos publicidade' Os que máis perden son os cidadans