20080401
Partido xudicial partido
Remato de enterarme que onte foi rexeitada unha iniciativa para variar a planta dos partidos xudiciais, é dicir, para crear un partido xudicial para Ribadeo. Non o entendo. Mellor dito, si entendo que se votara en contra, pero non que hai menos dunha semana se dixera o contrario. Non vou insistir máis no tema. Mentras a sociedade ribadense non nos mobilicemos ó unísono, Ribadeo seguirá sen ser sé dun Partido Xudicial porque os nosos representantes a certos niveis non nos farán caso. Por certo, iso mesmo pasará con moitas máis cousas (cortes de luz? (o outro corte), naves mesmo na ría?).
Hoxe pola tarde comeza a XIV Feira da Ciencia e Tecnoloxía.
Hoxe tamén se poderán contemplar aínda as árbores tronzadas no Xardín de Sela, resultado hai coido que 5 ou 6 anos dunha sega máis que dunha poda.
E, senón hoxe, pronto, veremos o Cine Colón con algunha entrada tapiada.
A foto... coido que merece un comentario, pero agora non o farei.
Etiquetas:
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario