Así pois, música ou ruído? Para ilustrar a diferencia, aí está o concerto didáctico do outro día, que segundo parece motivou a petición de varios máis (ata un total de cinco, mesmo varios fóra de Ribadeo, e o campamento do verán de Amadores, que vai pola súa terceira edición este ano (abaixo, o díptico de inscrición).
Por contra, no El País pódese ver outra volta a consecuencia legal do ruído: outra sentencia condenatoria a un concello (esta volta, no tribuna supremo, cun montante total de indemnización superior ós 132000€ a 11 veciños), a pesares de que o ruído só se estendeu catro anos, menos da terceira parte do que leva nalgunha zona de Ribadeo. Algo que voltará a dar que falar.
Voltando ó tema, despois da entrada introductoria sobre o PXOM de Ribadeo, quedei emprazado por min mesmo para continuar, aínda que sexa só para denunciar cousas mal. Pero paga a pena esperar un anaco a ver se o de hoxe vai ser algo máis que fogos de artificio, e vai polo tanto significar a morte automática do plan tal como está agora (algo que se dixo). Polo demáis, que en circunstancias de menor necesidade para Ribadeo o plan debera revisarse de xeito íntegro, eso hai pouca xente que o dubide.


1 comentario:
Co gallo das moitas irregularidades do PXOM cabe preguntarse: ¿A qué foron en repetidas ocasións os políticos de Ribadeo a velo Plan nas oficinas da Empresa Redactora? ¿A qué se adicaron que non viron as palmarias irregularidades e inexactitudes de que está cheo? É unha pregunta a que deberían responder ante o pobo.
Publicar un comentario