20080506

Iniciativas






Despois do multitudinario enterro de onte, óense máis algunhas iniciativas e ponderacións. Dende unha estatua ó cambio do nome da ponte dos Santos, dende dicir que foi o mellor alcalde de Ribadeo a que nunca lle pagaremos o que fixo polo pobo. As críticas, nestes momentos, non se din máis que en ambientes cerrados, como tiven ocasión de comprobar. Do futuro, xa falaremos noutro momento: a corenta anos de maio do 68 estáse comezando a falar de facer unha revisión.
Mentras, revólvense os temas de andar por casa: a nave do porto, o PXOM, ... Por eso, para unha especie de volta á realidade, deixo varias fotos. A primeira, para ver como queda de ancha unha beira da nova fonte do parque, limitada pola cerámica que bordea o xardín e da que xa falei noutro momento que podía estar mellor posta. A segunda, dunha pintada desta fin de semana no pabellón vello, coido que aproveitando unha actividade que había alí, e que polo seu tamaño debeu de levar algún tempo o facela. As outras dúas, de preto da Casa do Concello, a nova pendente para acceder en cadeira de rodas ó centro social, sé de CoGaMi, a coordinadora galega de minusválidos en Ribadeo. O concello quedou en facela ó rematar a obra, e fíxose, pero queda un desnivel na subida: ó facela dun material máis noble, pedra, o bordillo non se suavizou abondo.
Por curiosidade, vou mirar ó plano do PXOM e atópome que non aparece (o certo é que é moi pequena a rampa), pero miro e vexo que a praza de abaixo xa se chama Praza de Calvo Sotelo, que non hai rastro de ascensor externo no concello para acceso de minusválidos, que a reforma da rúa fronte do cantón aínda non foi incorporada (tampouco as escaleiras que existían ata o momento), a fonte nova da foto existirá no futuro, os paseos do parque non están pavimentados na totalidade (aparece unpavimentada sinalado como tal pero en verde, é dicir, como zona verde), ... pequenas cousiñas que ata me fan dubidar que entre as cotas da parte alta e baixa do cantón haxa só 73 cm de altura de diferencia.

2 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Ribadeo en todas las portadas, pantallas y ondas radiofónicas.
Ahora a hacer frente a las cosas de todos los dias. Buen repertorio el que presentas...
Saludos

Angel

Mariano Grueiro dixo...

As veces o deste pobo da vergonza allea
Multan uns rapaces por facer un documental de divulgación científica e os residuos de Alcoa en San Cibrao sen investigar polo Seprona.
Era o que me faltaba, politicos ribadenses facendo inda! máis a pelota. A ver cando deixan de mirar para arriba e miran máis para seus veciños. Leopoldo non votaba en Ribadeo.