20080508
Recuperando a ponte dos Santos
Pola prensa entérome de algo que esperaba e ó tempo temía que non fora: a ponte dos Santos, sobre a ría de Ribadeo, a que fora asinada no último Consello de Ministros de Calvo Sotelo, sendo Antonio Martínez alcalde, terá, está comezando a ter, paso de peóns nos 25,25m de anchura que leva. É dicir, poderemos comunicarnos a pé entre as dúas beiras da ría.
Pode que pouca cousa, visto dende fóra, pero sabemos os que por aquí andamos que o camiñar sobre a ponte ten as súas vantaxes e facilidades comunicativas.
Tamén parece que imos ter unha rebaixa nas obras de construccón do ascensor da Atalaia, esa obra de intención tuística que tantos dicimos que será unha carga máis para o concello. Pois iso di o Ministerio de Medio Ambiente, que lle vai costar menos porque todas as empresas que se presentaron para a licitación rebaixaron abondo o prezo de referencia. Falta fará facer aforro agora para ter despois a posibilidade de mantelo. Ogallá nos equivoquemos quenes pensamos así. (sen falar do impacto e esas minucias).
E outra cousa máis, tamén boa: Costas está disposta a dar para adiante á recuperación do tren mineiro. Aínda así, tal como están algúns tramos observables dende a estrada, supoño que non será para mañá que se faga todo o recorrido. Si pode haber tramos soltos, a parte do de San Tirso- A Pontenova.
E coido que tamén podo calificar de boa cousa o ter presentado ante diversos organismos o escrito de protesta polos cortes de luz, (despois da segunda entrada de onte sobre o galpón da ría), un escrito que penso que marca un pequeno fito ó ter posto a un tal número de asociacións de veciños do concello de acordo. Houbo cesións, tratos, e algunha quedou sen asinar co seu propio escrito, mentras que con algunha outra non se deu contactado. Veremos se hai onsecuencias ou non. Por certo, na copia presentada en Ribadeo historia non escaneei a zona de sinaturas: levan DNI, sinatura e nome da asociación.
Etiquetas:
arquitectura,
Fotos ría de Ribadeo,
política,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario