20080511

Semana reivindicativa en Ribadeo (II)

Coido que me faltaba por poñer na entrada de 'Semana reivindicativa' algunha cousa. Xa sinalei o escrito enviado a Begasa e fixen referencia a el como un fito o que dez asociacións de veciños se puxeran de acordo para facer tal cousa. Asemade, fixen referencia á xuntanza informativa sobre o macro galpón na ría, e hoxe aparece na prensa a referencia tanto da petición de O Tesón ós portavoces no pleno como á iniciativa da cacelorada na visita do Presidente de Portos para explicar o que se vai facer ós grupos políticos. Sobre esto último, dúas cousas: a primeira, que ó realizarse a visita pola mañá, en horario de traballo da maioría dos mortais, de xeito obrigado non poderá contar con moitas persoas apoiando in situ: cóntome entre quenes quererían pero non van poder. O segundo, que parece que chegada do Presidente de Portos está prevista sobre as 11:45, e para esa hora, no concello, está prevista a protesta. Pero unha cousa así é moi doado adiantala, atrasala ou variar o seu lugar, ó contrario do que pasa coa cacerolada, co que tamén pode darse o caso que non apareza 'cando debera', para evitar ós opositores os seus plans: seus, non da poboación.
Por certo, a media mañá aínda segue subindo xente bébeda e berrando pola rúa. Consecuencias de locales que incumplen normativas sobre ruído, peches de portas, horario de cierre, seguridade, etc, e que son permitidos, tolerados polo concello, sendo vox pópuli por exemplo que hai 'gardiáns de portas' paa 'tomar medidas' cando se aproxima unha patrulla e xa tiña que estar pechado. En fin, sobre esto seguiremos tamén.

2 comentarios:

Ángel de Olavide dixo...

Me sumaré a la cacerolada de todo corazón, aunque solo sea de forma simbólica, ya que nos resultará imposible estar allí.

Saludos

Mariano Grueiro dixo...

O que esta a pasar en Ribadeo cheira o que pasou en Coslada, no que a policía local estaba corrupta.
Aqui pasa algo moi raro.
E en canto os "vixiantes de portas", non e por nada, a policia nacional de viveiro teria que implicarse: en Madrid son diarias as patrullas de coches camufladas, con xente "de paisano" (que nos locais de ocio significa que e imposible distinguilos co seu polo ou camiseta moderna).
¿por que non e Ribadeo? o millor porque en Ribadeo GC, PL e outros teran algo que ocultar?
quen ten conta deles?