Unha imaxe relaxante apra comezar: Castropol, a semana pasada visto dende a baixada ós Bloques.
Non importa que xa esteñamos a mércores e tras o pasamento de Calvo Sotelo aínda non teña ocorrido 'nada'. Esta semana é reivindicativa para Ribadeo. Non só pola protesta do leite que xa se fixo a nivel Galicia, nin pola protesta da pesca que se fará aínda, ambas en Santiago. Ou pola protesta dos gandeiros, hoxe en Madrid. A nivel local, estase a preparar para venres una mesa redonda contra a nave no peirao de Mirasol, e vistos os ánimos, non é descartable nin unha manifestación nin unha acción xudicial por parte de particulares ou do movemento asociativo, unha volta que o representante de Portos visite Ribadeo dentro dunha semana. Desde aquí tamén pido unha definición ben clariña dos representantes políticos a nivel municipal, algo que aínda non se deu como debera, por exemplo, por escrito: todos sabemos que as verbas faladas lévaas o vento.
Antes deso, hoxe, tamén se materializará outra protesta, por escrito, asinando a maioría das asociacións veciñais do concello, por motivo dos cortes de luz ós que BeGaSa nos ten afeitos. Protesta que será recibida en primeiro lugar polo concello, máis como apoio ás súas reivindacións ante a empresa que como tirón de orellas a unha institución que debera ter feito máis. Pero tamén a outras moitas entidades, de privadas a públicas, que teñen algo que facer polo tema. O certo é que, mirando o documento, non lembro que nunca se fixera tal de que un conxunto así de asociacións asine unha protesta forte.
E, polo momento, quedará a cousa aí. Non porque non haxa que reivindicar que internet non vaia como por un carreiro en troques de por unha autopista da información, por exemplo. Senón por outros motivos máis mundanos, como que poñer á xente de acordo é abondo máis difícil nuns casos que noutros. E así nos atopamos que os políticos apoian un monumento a Calvo Sotelo, algo do que falei onte que estaba tomando forma. Pero un deles, máis avispado, xa fai unha declaración de intencións, a promoción popular do tema, cando indica que sería desexable que os veciños o propuxeran. Non dubido que haberá quen o faga tras esta petición explícita e sendo unha cousa 'positiva' e non 'negativa' como tentar reivindicar un dereito a un servizo.
Case seguro que hoxe vai outra entrada máis. Pero non quero deixar de poñer aquí dúas ligazóns a dúas visións complementarias á miña sobre Calvo Sotelo: A de el Ángel de Olavide e a de Mariano.
1 comentario:
Se me ocurre que el mejor monumento que pueden levantar a LCS es el de no levantar el famoso tinglado del puerto. Seguro que desde donde esté se pondrá mas contento que con una estatua. Por cierto hablando de estatuas, me dio la sensación de que aquel monolito raro con el símbolo franquista de la victoria ha desaparecido con las obras o es solo una ilusión optica de mi cámara de fotos? No he leido nada sobre el tema
Gracias por la citación.
Angel
Publicar un comentario