20080503

Sobre a nave na ría de Ribadeo

Coido que é cousa de deixar por un momento máis detalles do PXOM: o Goberno do Principado de Asturias pide explicacións á Xunta pola nave. Vamos, que non deixou pasar tempo para pensalo, e menos cando se comentaba que a alternativa a Ribadeo era Avilés. Os alcades da outra beira tampouco temen obxectar unha obra que a eles non lles reportaría nada bo.
Un novo xiro da situación que da moito que pensar sobre os intereses das partes, o que se anuncia de xeito oficial e o que se pensa. Aínda que sexa para aumentar as forzas para o non como compañeiros de viaxe circunstanciais, hai que procurar saber a que aterse.
Mentras, nesta beira, posiblemente vexamos pronto, antes da visita do xefe de portos dentro de dez días, unha mesa redonda sobre o tema.

Ningún comentario: