20080513

Terremoto


Un terremoto en China matou tanta xente como todo Ribadeo. Sucedeu onte, e fai pensar na oposición que podemos facer a xente ante as forzas da natureza.
A nave na ría non é unha forza da natureza. Detrás hai xente cos seus intereses. E fronte a ela, tamén estamos xente. Máis. Pero... menos organizados, con menos poder.
Mentras, telefónica anuncia que duplicará a velocidade na rede internet, máis lenta e cara que en xeral en Europa. É chocante. Pode facelo así, de repente, e mentras sufrimos unhas velocidades moito máis baixas do nominal. Así actúan as empresas: cunha lóxica que non é a da xente de a pé. Porque os intereses son outros. Servicios contra ganancias. E o tema lévanos ós cortes de luz. Mantemento da liña? Resulta caro, cando sexa o problema, repárase e listo: mentras, máis ganancia. E cando o problema chega, quedamos sen servicio.
Deixo o arco da vella do outro día en Ribadeo como sinal de esperanza, e paso a rectificar/aclarar unha nova que trae hoxe a prensa: Di que Jacinto Parga, o Presidente de Portos de Galicia, espera reunirse con representantes das asociacións, en particular Plataforma e Tesón. A dicir que o Tesón foi invitado pola Plataforma a unha xuntanza que, ó parecer, lles foi anunciada a eles por Balbino. Se hai algún membro de O Tesón, será a título personal. A asociación mantén a tese de que non se trata de facer un apaño para que se constrúa a nave, senón que non se debe construír. E en caso de necesidade perentoria dalgunha construcción, este dende logo non é o proceso, por falta de transparencia dende o inicio, premeditación e alevosía.

Ningún comentario: