20080630

España 0-Alemaña 1


Neste final de mes é o máis comentado, tamén en Ribadeo. O 'fúrbol' coa selección española como campeona europea despois dunha corentena de anos. Noutra época diría que o máis importante é que rematou. Agora, case que tamén, se ninguén se ofende. Ven a conto o comentario anterior de que onte tiven que conter as comparacións alleas ó dicirme alguén que se eu non quería que gañara a selección española: a política de por medio e comparacións gratuítas cos separatistas vascos de alguén que non ve fútbol pero non é cego. Coido que a conto de esquizofrenias dos demáis, sexan líderes vascos ou norteamericanos, estamos a sufrir esquizofrenias aquí.
Pero voltemos a Ribadeo. Agora xa temos fonte, a do xabón, na glorieta do Parador. E notouse onte facendo de pequena Cibeles madrileña. Antes, o Ribanzo (hai máis que aglutinen ós forofos, pero ese é o que me cadra máis achegado) estaba a tope e en delirio. Despois, algunha festa houbo (é dicir, houbo xente que estivo de festa), se ben abondo calmada en relación con outras situacións.
E hoxe é outro día, e levantámonos con cousas como que os locais da Mariña son cumpridores da lei contra o tabaco (só 2 infraccións en 65 inspeccionados, ó que parece), o que costa crer, ou que a Policía Local de Viveiro voltará a partir de hoxe a facer vixiancia tódalas noites, algo que prometeu o anterior edil correspondente en Ribadeo e quedou sen cumprir mesmo en días extra como pontes, vésperas de festivo, etc. Aínda que para este día primeiro de semana, inclínome por un artigo de opinión de onte, antes que ter que bucear nos periódicos de hoxe entre o fútbol para procurar unha nova: o artigo de Suso de Toro de onte, en clave moi gráfica sobre as ligunas como o galego.

2 comentarios:

agremon dixo...

A pesar do dito, 8:24 da mañá, suben 'os da celebración' "cantando" e confundindo unha vez máis festa con molestar ós demáis sen freno. Supoño que lles gustará moito a quenes seguen durmidos.

agremon dixo...

... 24 horas despois, parece mentira que ninguén me dixera que o título do comentario estaba errado...