Que o mundo non é ideal sabémolo todos. Sábeno os recién nados cando o seu primeiro choro, aínda sen saberse expresar con palabras nin ter un control mínimo de calquera outro tipo de expresión non automática. Deixámolo de manifesto todos os anos de xeito lúdico nas fogueiras de San Xoán, cando tentamos axudar ó Sol que sabemos que cada día vai ser máis débil e visible durante menos tempo, ...
Amósao calquera estudio sociolóxico. "A investigación atopou que os países onde máis concentrada estaba a propiedade dos medios de comunicación tiñan maiores índices de corrupción, peor manexo da economía, mercados financieiros máis distorsionados, peor calidade da educación e da saúde, e menos dereitos civís para os seus cidadáns" (tomado ó chou dun artigo de Moisés Naím, publicado en El País o pasado domingo).
Vése en pequenos detalles ou grandes: Os Castros/Augas Santas -As Illas voltou perder este ano a bandeira azul cando Jaime Cancio, Concelleiro de Foz nos dí que se enterou na Feira de Bilbao que hai xente que non sabe que Lugo ten Costa, o coitado, cando na nota de prensa da pasada xuntanza interautonómica nas Figueiras ambas autonomías, non una soa persoa, parecen non saber que a ría que temos á beira é a ría de Ribadeo.
Parece sabelo o concello, que tenta palialo retomando iniciativas como a comida a domicilio (xa votada no pleno de marzo, se non me lembro mal). Sábeo tamén a UPRi, que pretende un servizo de transporte gratuíto para a gardería que se vai atopar con múltiples problemas (se non lembro mal, non só a porcentaxe actual de nenos das parroquias na gardería é moi pequeno, senón que a natalidade non axuda e a gardería ten un horario que pode ser algo flexible)
Pretende ignoralo moita xente que procura algún tipo de beneficio máis particular, esquecendo principios básicos da física ou das matemáticas sobre a probabilidade de dexeración ou a xeralización do ben común.
En fin, sabémolo todos, pero todos tentamos loitar ou facelo máis ideal ó noso xeito (xa digo, ás veces, literalmente ó noso particular xeito). Pode que se gastáramos algo máis de tempo en definir o ideal e en poñernos de acordo, lográramos achegar abondo máis este mundo a ese ideal.
Quedan dúas fotos que así, na distancia do pequeno encuadre, poden achegar máis ese mundo ideal: unha, dende o faro, cara á posta do Sol, sen ver a contaminación do mar. Outra, un banco recén posto no eucaliptal do forte de san Damián, sen verse o pouco coidado que se puxo nos depósitos de terra que se fixeron para colocoal. Será o ideal cuestión de detalle?

Ningún comentario:
Publicar un comentario