Data:xullo 2008 | Fonte: Libreto do I Certame de intérpretes mozos Hernán Naval |
Título: Saúda do Alcalde | |
Autor: Fernando Suárez Barcia | |
Descrición: Saúda do alcalde con motivo do I Certame de intérpretes mozos Hernán Naval | |
Comentarios: Incluído no libreto do certame. |
Saúda do Alcalde
Música en ribadeo ten un sinónimo claro, hernán Naval. a súa pegada permanece inalterábel en dous proxectos educativo-musicais, a Escola municipal de Música e Danza ea banda Municipal de Ribadeo, que son referencia máis alón das nosas lindes. Hernán situou a Ribadeo na vangarda musical coa creación dunha Banda de Música que pretendía rachar cos folclorismos, as dianas e alboradas como único horizonte para este tipo de formacións e conseguiuno; e puxo en marcha un Escola Municipal de Música e Danza ao abeiro da por aquél entón recente LOXSE que hoxe segue viva con máis de 350 alumnos e alumnas e unha ducia de formacións permanentes que erguen aplausos aló por onde van. Pero Hernán non só foi música, tamén foi poesía, teatro, política e por riba de todo dinamización cultural. Tanto no seu Viveiro natal como o Ribadeo que o acolleu e na Galiza pola que traballou, Hernán foi un incansábel traballador en prol das iniciativas culturais xurdidas do pobo. estou seguro que o mestre Naval estaría moi contento se vise como este certame bota a camiñar porque naceu na sua Escola e entre a sáu xente,a que formou el mismo ou a que viu como os seus proxectos tiñan unha base sólida e unha ollada posta no futuro. Como concello tiñamos a obriga de apoiar dende o comezo este I Certame de intérpretes mozos Hernán Naval e recibimos con ledicia a súa presenza no mesmo, agardando que só sexa, agardando que tan só sexa unha primeira parte dun camiño que seguro, será longo. Recibide un saúdo cordial no nome da vila de Ribadeo, que ten as súas portas abertas para vós.
Ningún comentario:
Publicar un comentario