20080725
Castelos na area
Esperaba ter novas do concurso de castelos de area que organiza o Concello de Barreiros en Arealonga. A construcción de figuras, estruturas e demáis gusta vela e tamén facela. Pero iste ano no que a construcción non tira, e que en Barreiros está sitiada a base de Xunta, xustiza e axuste de presupostos, tivo que ser tamén atrasado o concurso de construcción de castelos na area. Pospúxose para mañá, domingo en espera de mellor tempo e sabendo que o atraso implica unha competición máis modesta. Vamos, como a construcción de urbanizacións.
Por certo, que a última proposta en Barreiros sobre o tema para potenciar a construcción é a cesión de toda a estrada nacional ó concello para facela travesía urbana e así poder construír partindo de chan urbán en toda a súa beira. Como idea non está nada mal cando se ten o piñón fixo en conseguir máis construcción. Non embargantes, os tempos están cambiando pouco a pouco, e esperaría que tal pretensión (a da construcción á beira, non a de cesión da estrada) non chegara a bo fin. Coido que podería facerse o razonamento máis longo e explicativo, pero é abondo para facerse a idea do que pasa nun concello que se habituou ós cartos da construcción e que agora non sabe como substituílos.
E como hoxe a cousa vai de construcción, as tres fotostamén van do mesmo tema. A primeira, que a paso lento, pero parece que voltan mans á obra para facer a rúa esxterior ó porto. Do outro lado da estrada, é o novo almacén o que vai vento en popa e parece mentira a rapidez coa que o están a facer. A terceira, camiño do cemiterio (como referencia, entre a arboreda vése o hotel 'O cabazo'), unha beirarúa en marcha. Deixando fóra as árbores, sen protección, parecería indicar que a arboreda tenos días contados, aínda que poda aguantar un certo tempo.
Etiquetas:
economía,
Fotos ría de Ribadeo,
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
primeiro foron as árbores de Vilaframil na escola de Pedro Murias, e agora...as do cemiterio?
Que ignorante e o pobo que fai iso!
Logo diran que han facer carballeiras de formigon, que son ecoloxicas porque non hay que regalas -mellor non dar ideas-
Supoño que os que queren facer a nave teran en conta que cos precios actuais do transporte maritimo, podería haber una variación sustancial no número de fletes.
A isto haberá que engadir algo que nen se ten en conta.
O asteleiro da vilavella poderia ser unha peza clave do I+D+I a nivel español para a creación de embarcacións pequenas e medias a vela e motor. O Beluga sky sails e xa unha realidade e mesmo atracou en Avilés.
Que sigan gastando asi os cartiños, a ver logo con que cartos pagan o fuel da draga precisa para facer unha nova canle para poder utilizar o asteleiro.
E nas Figueiras Gondan ten o mesmo problema
Mentres os alemans seguen a traballar...
Publicar un comentario