20080706

Certame de xóvenes intérpretes. Nota de prensa

Onte, sábado, tivo lugar a primeira fase. Aquí deixo a nota de prensa que recibín:
NOTA DE PRENSA
Comeza o I Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval cunha recepción do xurado por parte do Concello.
Ribadeo, 5 de xullo 2008. O Alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez Barcia, e máis a Concelleira de Cultura, Mari – Luz Álvarez Lastra, recibiron esta mañá na Casa do Concello ao xurado do I Certame de Intérpretes Mozos Hernán Naval de Ribadeo.
Trátase de tres recoñecidas figuras do panorama musical galego, Rogelio Groba, Maximino Zumalave e Eduardo Diz Sestelo. (adxúntase currículum dos mesmos)
O rexedor ribadense agradeceulles a súa presenza nun evento que segundo dixo “reafirma o compromiso que a vila de Ribadeo ten co mundo da música e particularmente co mundo da cultura”. Fernando Suárez aproveitou a ocasión para recordar o inmenso patrimonio musical do que gozou sempre Ribadeo. “Temos unha Escola que é a envexa de moitos outros centros de toda Galicia e esta leva a sinatura de Hernán Naval a quen queremos rendir homenaxe con este certame que agardo perdure no tempo”, sinalou Suárez Barcia. O alcalde de Ribadeo calificou como “un magníficio inicio para o certame comezar con tres figuras no xurado da categoría de Groba, un dos nomes máis prestixiosos da música en Galicia; Zumalave, recentemente galardoado como Medalla Castelao de Galicia neste ano 2008; ou Diz, en quen simbolizou o éxito de cara o futuro da música galega”.
Logo de seren recibidos na Casa Consistorial, o xurado desprazouse até o Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo para coñecer o lugar no que se vai levar a cabo o Certame.


Mecánica do Certame
Na tarde de onte sábado celebrouse a fase eliminatoria á que finalmente se presentaron dez dos quince participantes seleccionados. Deles só cinco participantes accederán á fase final que se vai celebrar hoxe domingo, a partir das oito da tarde, no Auditorio Municipal Hernán Naval de Ribadeo. Malia que hoxe xa se van coñecer os nomes dos gañadores do concurso a entrega de premios vaise celebrar o vindeiro domingo, día 13 de xullo no acto de homenaxe a Hernán Naval que se vai celebrar no Auditorio ás oito do serán e que vai contar coa actuación da Banda Sinfónica da Federación Galega de Bandas de Música Populares.

ADXÚNTANSE DATOS DOS PARTICIPANTES DEFINITIVOS


SAÚDOS

Ningún comentario: