Non fun, pero recibín a nova por dúas beiras ben diversas. A conclusión sería algo así como 'temos un alcalde que non se merece o pobo que lle tocou en sorte'. Evidentemente, política obriga, el non o pode dicir. Eu, sen responsabilidades políticas, si.
O por que: Onte, acto de explicación dun ano de xestión polo equipo de goberno, capitaneado polo alcalde. Asistencia, entre un pobo de 10000 habitantes que presentou 1157 escritos de alegación ó PXOM, unhas 15 persoas. Comentei xa que seguramente a porcentaxe de alegacións de interese público sería moi baixo. Son cousas diferentes, pero xoguemos un pouco cos números: 15 entre 1157 (xa non entre 10000) é o 1,3%, o que pode dar unha orientación de que realmente, ía por bó camiño cando afirmaba que o interese público nas alegacións sería moi baixo.
Non son o único en opinar que o alcalde merecía moito máis (de feito, esa expresión non é miña). Pero só cabe tentar construír un tecido social que responda da sociedade, en troques de permitir a súa desintegración. E para iso, só cabe tentar facer as cousas o mellor posible, tanto de xeito individual como social. Idealismo? Non, o único futuro que pode ter que ver algo con 'desexable'. Sexa en Ribadeo ou nas antípodas, a xente que non se ocupa de si mesma como xente (e non me estou referindo como consumidores, acaparadores, ou outros moitos egos asociais senón antisociais; iso non é ocuparse dun mesmo, senón só dunha parte da propia persoa: aquela que cada quen valora por riba do conxunto), pois iso, a xente que que non se ocupa de ser xente non pode pretender que a traten como xente nun conxunto social. sen xente, non hai sociedade, e sen sociedade, as persoas non podemos acadar o estatus de persoas. En fin, coido que daría para falar un bo rato e pode que non quede de todo claro o que digo, pero polo momento, despois da impresión de quince persoas atendendo a xestión sobre 10000, permítaseme que corte a explicación aquí, co convencemento de que volverá a ser tratado no blog.
Só un comentario extra máis: o alcalde, cando elixiu a Casa do Mar para dar contas, un lugar abondo máis pequeno que o auditorio municipal, está claro que xa tiña unha idea do que podía suceder, aínda que dubido que nos seus peores cálculos baraxara a cifra que saiu. O póximo 12 de xullo haberá asamblea da AVV O Tesón. Respectando as porcentaxes (sobre 130 socios), non chegaría a dúas persoas a asistencia. Espero que se conte algunha máis.
1 comentario:
Llama la atención esa despreocupación de la gente por sus propias cosas. Parece que no se libran ni ciudades grandes ni pequeñas villas. Que el descreimiento en las posibilidades de contribuir a la acción ciudadana es muy alto.
Las herramientas de investigación social no dan respuesta cabal al fenómeno. Parece mas que asistimos a una fase histórica de repliegue que a circunstancias localizadas en el tiempo o lugar.
A ver si nos vemos este verano. Estaré solo dos dias en Julio, los justos para llevar a Isabel, pero espero estar bastantes dias en Agosto en Ribadeo.
Un abrazo
Publicar un comentario