20080708

Fíxome hoxe nunha nova de tódolos días

   ... ao menos en Ribadeo. Un anuncio de rebaixas nos prezos das copas correspondentes. Nada novo ata aquí. O novo comeza agora: resulta que a un local lle queren meter unha multa por facelo (Sanidade, Lugo, non o concello, noooon!, e iso que necesita recaudación). Boa novidade. Non me refiro pola multa, non. Se o fago porque é outra lei máis que parece que se vai tentar aplicar algo. E todos sabemos que as leis que se aplican exactamente, 'ó pé da letra' poden ser deshumanizadoras. Pero as que non se aplican, non son leis, e producen non un estado plácido sen regulacións, senón o que se chama 'lei do oeste', a lei da imposición do máis forte sen outra lei (despois de que as leis son, ó fin, o produto sobre todo, das ideas, intereses e demáis do máis forte, pero producen unha regulación desa forza). Para que as leis non se cumpran, (teño un vello artigo perdido polo mundo que lembro que se titulaba 'Cando a lei non se cumpre', publicado o 14/11/96 na Mariña do Progreso, algún día o traerei a internet) é preferible non poñerse a facelas. Nin se perde tempo, nin esforzos, nin (sobre todo), a cidadanía se sente enganada.
--
    O concello vai facerse cargo da travesía urbana da 634 e 642, despois dunha adaptación/intervención de Fomento. É dicir, cara ó futuro, máis gastos a cargo dun concello que se ve con dificultades de tesoureía día a día. Trátase de considerar plenamente urbanos tramos como a avenida de Asturias, pero tamén outros como o tramo do Voar.. É dicir, temos máis no concello... as cousas hai que consideralas de xeito relativo e si, en principio pode significar máis poder e debera ser unha especie de aspiración o rexir os propios destinos das rúas ribadenses, pero será cousa de ver o contrato de cesión, aínda por asinar, para xulgar se é certo que sexa mellor.
--
E, o próximo luns 14 de xullo, pleno.

Ningún comentario: