20080713

Sobre a Asamblea de O Tesón celebrada onte (e 4ª entrada de hoxe)

Nota de Prensa da
Asamblea xeral extraordinaria da Asociación de Veciños 'O Tesón'
12/07/2008, Casa do Mar, 12:30h

Unha volta concluída a asamblea, cabe referir os seguintes puntos sobre a mesma:
Aprobouse por unanimidade o acta anterior. Pasouse posteriormente a dar referencia das actividadas da asociación, das que, facendo unha escolma, pódense citar:
As diversas preguntas ós plenos, que incluíron temas como a nave do porto, a aplicación da lei de dependencia, as multas por construcción ilegal, as previsións sobre o ascensor da Atalaia, etc.
As alegacións ó PXOM, referindo as deficiencias nos datos e os planos, alturas en exceso e indefinición das liñas básicas do Ribadeo que queremos, a parte doutras que se poden considerar menores como a non declaración de zonas acústicas. Asemade, relacionado con este tema, expresouse o apoio ó concello no caso Mahía.
As accións relativas a frenar a construcción da nave no porto, en particular as vindeiras próximamente: a recollida de sinaturas prevista para mañá domingo e a manifestación en agosto.
A relación con BeGaSA e a Consellería de industria, entre outras, das dez asociacións asinantes.
As relacións co concello, moito mellores co actual equipo de goberno, co que nos prestamos a colaborar mutuamente e xa mantivemos contacto e intercambio de pareceres.
A actuación no Consello sectorial da muller
A participación na Asoc. Ponte dos Santos
A Mesa de asociacións
O estado das respostas institucionais en relación ó ruído nouturno e industrial, etc.
Asemade deuse nova do estado de contas e doutras actividades previstas e non realizadas, como a homenaxe a Ana Ferradás, levada a cabo polo concello, ó que nos unimos e que se contemplou no seu momento pola asociación.
Houbo a continaución outros informes diversos da directiva, rematando a asamblea á 1 e media do mediodía, despois do cal qun grupo de asociados participou no xantar social, no que foron acompañados polo sr. Alcalde.
Ribadeo 12/07/2008

Ningún comentario: