20080809

Apoios para a manifestación

    De novo a salto de mata, unha lembranza para a mani de mañá. Agora é o BNG o que anima (despois do apoio previo), e despois do apoio do PSOE, e de asociacións como a Atalaia ou os Verdes de Asturias.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Bos días Gregorio. Fai uns anos fun alumno teu no Ies Porta da Auga. Supoñendo que leas este comentario vou facerche unha pregunta: ¿Qué opinas do contrato que firmou ENCE con FEVE para o transporte da pasta de papel entre Navia e Xixón? ¿Sabías que ese transporte supoñia o 65% do transporte do porto de Ribadeo? ¿Qué vai ser agora do transporte marítimo do porto de Ribadeo a partir do ano 2010? Seguide así, que os ecologistas e demáis non pararán os enxeñeiros nen a industria. Queremos disfrutar de todas as comodidades do século 21, pero odiamos unha industria cerca das nosas casas, moitas veces, un odio que un o dous se encarga de repartir entre os veciños con fundamentos políticos soamente.

agremon dixo...

Bos días. Coido que en Ribadeo (e noutros lugares) levan moito tempo enganando dun xeito ou outro a conta dos postos de traballo. Os postos de traballo prometidos cando se promoveu a 'escolleira' no ano 93 non se materializaron por ningures. Cando no 2003 o alcalde, dous días despois da manifestación voltou dicindo que si se ía a facer o recheo, que lograra contraprestacións, todo quedou en nada: nin o polígono, que se prometera daquela para o ano seguinte, por poñer unha desas 'contraprestacións'.
O convenio entre Ence e Feve non se prepara nun momento; é algo que ven de antes e que ía deixar Ribadeo co cú ó aire e sen ría. Porque os pilares que se pretendían non aguantan unha mínima análise sobre o movemento de area polas correntes. Iso significa que non só se estaría a facer mal á ría, senón que nós, todos, teriamos que subvencionar ese transporte vía dragados máis continuados (e se botas olladas á ría, sabes que a draga está de contínuo aquí).
Sei que nun comentario a unha entrada non se pode profundizar demasiado, e eu tampouco me fío moito dos políticos (ó fin, algúns deles foron os primeiros en tentar vender a nave,mesmo antes que a empresa Galigrain que sería a beneficiaria e que non apareceu en todo o proceso dicindo unha cousa ou outra). A nota de prensa do concello (mira en http://prensa-ribadeo.blogspot.com/2008/08/nota-prensa-bng-20080808-sobre-o-porto.html) coido que é abondo clara, máis despois de que os catro grupos municipais acordaran en conxunto rexeitar a nave (podes mirar na prensa despois do pleno de maio). Eso de conxunto é algo que só fan cando dalgún xeito non lles queda outra. E desta, fixérono.
Por certo, Ence tamén carga xa hoxe fóra de Ribadeo. E habería outras cargas alternativas que mover dende Ribadeo con reformas abondo menos chamativas que non se contemplan oficialmente por ningures (mira por exemplo o artigo de Pancho Campos na comarca hai cousa de 2 meses ,que reproduzo en http://ribadeando.blogspot.com/2008/06/ra-de-ribadeo-na-comarca.html)
O dito, é pouco (hai máis cousas polo medio) e pouco profundo (ata onde eu poda estar enterado, aínda lle queda que detallar), pero hai abondo máis que o que Ence e Portos tratan de meter polos ollos. Suposta actividade portuaria e tamen supostos postos de traballo afectados, incluídos. A tratar con máis tempo: o de comulgar con rodas de muíño vai quedando atrás, aínda que costa moito que así sexa.

agremon dixo...

Por certo, nada sospeitoso de 'Ribadensismo', http://www.elcomerciodigital.com/aviles/20080810/aviles/alejar-suspicacias-20080810.html nos últimos parágrafos deixa caer o tema de que o convenio Ence-Feve estaría subvencionado polo Principado ... sen importar o que aquí se faga.

agremon dixo...

...tamén, aínda que coido que xa o puxen noutro sitio, viría ben botar unha oolada dende fóra: http://elangeldeolavide.blogspot.com/2008/07/una-manifestacin-en-agosto-y-en-ribadeo.html