20080825

Onte


Onte foi un domingo de agosto con variedade. Non só polas olimpiadas ou o fútbol (o torneo local xa fora sábado), senón pola cantidade de actuacións e convocatorias ó longo da xeografía. Tamén foi día musical en Ribadeo. Certo, como moitos outros. Tirri tarra foi o que, coa polifónica de fondo (que por certo quedaba demasiado tapada) actuou núltimo lugar. Antes debeu haber actuación en Cabanela e tamén actuación de ribadenses en Baamonde, onde 46 efectivos da banda (máis o director) deron un concerto con Sangre de artista, Invicta, Festa Paesana, Medley boleros e Ponteareas, dentro dun festival de bandas pouco concurrido. Así, perdéronse por exemplo unha bonita audición dos boleros. Por certo, coido que xa se pode escoitar a banda na peli 'os mortos van ás présas'.
Para un domingo despois dun accidente na Ponte dos Santos (do que me entero por unha nota de Marsop referíndose a Porta norte), non está mal.

1 comentario:

Unknown dixo...

Dende o noso blog felicitámolo por a enerxía e as ganas de loitar que desprende nos seus artigos, somos conscentes dos reveses que este pobo lle da a un, un pobo no que é duro levar a cabo calquera cousa xa que a envexa é predominante, unha envexa que nos está a afogar. Por eso pretendemos cambiar algo que cheira a podre, tratar de axudarnos por igual, como iguais para ser dun pobo do que sentirnos orgullosos...un saudo.
iniciativaribadense.wordpress.com