20081028
As asambleas de Amadores da Música (25/10/2008)
Asamblea xeral ordinaria de Amadores da música, 20:30, 25 outubro 2008
Nota previa: a ter en conta que esto non é unha acta oficial. Non se recollen todas as intervencións, senón máis ou menos unha síntese.
Asistencia, unhas 50 persoas.
1.Leitura e aprobación da acta anterior. Fíxose e deuse por aprobada
2.Estado de contas.
Salvo erro ou omisión, estes foron os números (ás veces, redondeados por mor de copiar á lectura):
Ingresos: cuotas 10 961; lotería 6 650, instrumentos 1 125 (recollida sobre préstamos), subvencións 14 700 (caixa Galicia 6 000, concello 4 507,59, Federación 300, xuventude 2 600, Sociedade filantrópico dramática, 1 200).
Gastos: 1 335,63 cuotas e varios (incluídos 458 de devolucións); 6 000 lotería; 3 265 financiamento instrumentos; 1 852 reparacións; 3 112 seguro federación, páxina web, tinta, sobres, donativo a Manuel María...; traxes 1 121; viaxes 4 363 (dietas 475 e ceas 2 075 incluídos); limpeza colexio 145, pirotecnia 475; internet, teléfono, correos 1 058; comisións 430. Total gastos 21 607,91€, cun superávit de 11 918€.
Fíxose un desglose para a peli e o campamento:
Gravación de música para a película: 2 150€ que foron aboados 600 por adiantado e o resto a posteriori.
Campamento musical: gastos 24 636,94; ingresos 16 357 + 1 500. Desfase: 5 761,64€, que se espera cubrir coas subvencións en trámite.
O resultado xeral do ano deixa en caixa (Caixa Galicia e B.Sabadell) 11 717€. Hai pendentes de recibir 1 500€ do concello, 3 000 da federación, 1 800 da deputación polo campamento 2007, 1 682 de política lingüística, 406 de Mapfre (por un tema de devolucións por cobro duplicado), e 661 de recibos, máis outros 72,12, o que faría un superavit total rondando os 20 000€.
Pregunto sobre o desglose de gastos do campamento e contéstaseme:
Gráficas, 1 629; pancarta 452, persoal 8 900; seguridade social, 2 770,03; Mapfre 403,94; asesoría 668,51, comida (diversas partidas) 455+317,16+1 817,23+1 427+1 370+357,88+519,74+975; deterxente 652; Altruán (paseo en piragua) 440; 976 limpeza; 472 billarda, balóns, etc.
3.Informe de actividades.
Foi longo, pois Amadores soporta actividades variadas. Collo puntos soltos:
Comeza Daniel, actual presidente. A banda ten dependencia de músicos de fóra, reforzos, tendo que suspender algunha actuación (ou non collela) por falta de xente. Queda pendente a visita a Mirandela por falta de músicos.
O concerto das letras déuse no IES Gamallo Fierros por estar ocupado con actuación de teatro do concello esa data.
Ó festival viñeron a banda de Mieres e a de Sober.
Fóise a Matamá, San Tirso (en correspondencia polo apoio ó campamento), en San Roque só se tocaron dúas pezas polo mal tempo, pola Federación de bandas fóise a Baamonde, tendo que voltar porque había músicos que tiñan que actuar con Tirri Tarra.
Os de 'Os mortos van ás présas' parece ser que quedaron encantados da actuación da banda.
Pregunto por sobre cánta xente había de fóra no campamento (para ver en perspectiva o déficit), contestándoseme que sobre a metade. Pola web, indicando que se sinalaron perto de 500€ de gastos e non se veu movemento, contestando que quizáis non fora adecuada a persoa que está levando o tema.
Deixo unha queixa para que conste en acta por facer unha viaxe (a de Matamá) de 5 da tarde a 5 da mañá, e dúas á Coruña saíndo ó mencer e voltando á noite, cando ademáis tiñan pago o hotel e o grupo de clarintes tivo que afinar 'dirixidos' por M. Luz, a concelleira de Cultura, voltandoo último día sen asistira a unha recepción que ó parecer había prevista. Daniel di que cree que só voltaron ás 3 e non ás 5 (negado por outros asistentes) e que nonhabía recepción ó final na gravación da película, entre outras cousas. A raíz dos comentarios do presidente a estes últimos temas, interviu Luis da portuguesa preguntándolle a Daniel se unha frase que dixera quería dicir que o deixaba ou non.
Óscar (frauta) pregunta sobre as axudas para locomoción, en base a que se deron ós apoios e non se están a dar para vir ós ensaios. De aí pásase a que non se da nada ós músicos, apuntando que non se fai porque non se quere facer. A contestación xustifica en parte porque non é o mesmo unha necesidade de apoio que unha axuda corrente, e non hai saídas por contrata, todas son por convenio.
Intervén a continuación Lourenço, director da banda.
Enfatiza o compromiso dos músicos coa banda, apuntando que é necesario por exemplo para ter sempre dispoñible unha variedade de obras. Necesidade da comunicación entre grupos (pais, directiva, músicos, ...) esperemos que mellore. Necesítase cambios para evitar actividades con interese pero sen sentido; evitar tocar 15 minutos e para iso ter 10 horas de autobús.
Sobre o campamento, é necesario cambiar a forma e retomar o proxecto inicial, porque está a fallar en moitos aspectos: este ano tivo moitos fallos.
É a primeira banda en España que grava a banda sonora dunha película, e menos banda de afeizoados. A peli será presentada (mañá – 26/10/2008) en Valladolid.
Hai que fomentar a canteira. En Sta. Cecilia sairán 21-23 novos músicos. Houbo falta de traballo, pero a banda deixou boa imaxe musical por onde foi pasando.
Os cambios incluirán o apoio do persoal da EMM á nova directiva, ver mellor as condicións dos contratos, considera que se debe de dar algo de gratificación para dar algo a cambio do traballo e o compromiso; algo, pero non preguntando (houbo varios sistemas de pago que nn deron resultado, como especificou Daniel).
Novos proxectos: plantilla estable, cursillos, I festival de bandas infantís (devolución de viaxes da banda), intercambio con Esproarte, invitacións mesmo de Inglaterra para intercambio...
4.Rogos e preguntas
Un asistente di que hai que fomentar a música galega, que 'a Hernán Naval non lle gustaba' (e puxo unha serie de exemplos de obras, que coincidiu que todos foron tocados estando eu na banda baixo a dirección de Hernán). A resposta, que comezou Lourenço preguntando por onde se procuraban as partituras, derivou nunhas cantas intervencións, comezando por Luis da portuguesa, que especificou que si lle gustaba, e que escollían os rapaces a música, continuando por min coa precisión de que as obras tocáranse, por Marcos Rodríguez indicando que se lle dera o 2º CD da banda, etc, incluída Aurora Rodil dicindo que é o director quen ten que decidir o que se toca.
Pasouse logo á asamblea extraordinaria para elección de nova directiva, un tanto caótica, no que despois de dicir Daniel que non había candidaturas, Salvador apuntou que había unha, que remataría saíndo, insistindo Farruco Graña en que se votara e alegando M. Luz que ela, polo seu posto, abstíñase, quedando como única abstención. Polo medio, saiu se Ismael Porto era ou non socio, resultando que tiña pagada a cuota pero non aparecía na lista de socios, o que se deixou correr por Daniel. Saíu tamén a relocer o art. 8º dos estatutos. Asemade, e ante o barullo, ó preguntar (ó ter finalizada a asamblea) á cabeza de lista supoñendo que era a presidenta, confirmouno, pero parece ser que houbo unha xuntanza posterior e que non é así
Etiquetas:
banda,
Farruco Graña,
Música
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Boas Antonio, Físico ou presi.
Antes de nada grazas, coma sempre me entero de cousas por ti. Sobre todo de cousas relacionadas coa banda.
Visito de cando en cando a sua páxina (si se lle pode chamar así) ou o blog da escola, que non se poden poñer comentarios... pra iso facer un e-news e non un bloger (as duas cousas son gratuitas).
Pero boeno, espero non alongarme máis que o post.
1º. 20.000 € de superavit.
Sego sen entender como hai superavit. Creo que a asociación ten sorte de que non estea eu na direitiva por dous motivos moi diferentes. Se me fixesen caso me gastaría a gran maioría ou nos propios músicos ou en ideas 'peregrenias'. Ou non me farían caso e terían en min un verdadeiro grao no cú.
2º [...] O concerto das letras déuse no IES Gamallo Fierros por estar ocupado con actuación de teatro do concello esa data. [...]
Isto, sinceiramente me quedo sen palabras... pero o jodido é que o bloguer non ten emoticono pra poñer cara de pasmado
3º [...]quizáis non fora adecuada a persoa que está levando o tema. [...]
Sobor aos rollos da peli xa me quedo sen palabras, emoticonos, tacos e santos (pra cagarme neles, claro). Unha chapuza. CHAPUZA.
4º O das axudas aos músicos por locomoción.
Non se dan. 20.000 € de superavit e non se dan.
Perdoa Antonio, pero me cago endiós e en rediós... hai que joderse. Hainos que ter moi grandes pra decirlle iso a un músico á cara cando se está a gastar pelas e pelas a 'reforzos' (cousa que non me gosta pero non me opoño) pero non nos músicos locais.
5º Bada mès mas un club.
Hai que fomentar a canteira. Si, por suposto... claro que hai que fometar a canteira. Pero persoeiros da banda: Non fomentedes a marcha dos músicos que xa hai.
6º[...]Rogos e preguntas
Un asistente di que hai que fomentar a música galega, que 'a Hernán Naval non lle gustaba'
Chenchu di: ¿¿¿¿???? Católico non son, cristiano tampouco... pero que deus me colla confesado se me atopo a 'este' por diante.
Por certo, o 2º CD non se regala a ninguén, se lle cobra o prezo e logo o peaxe.
7º Que unha nova direitiva saia dese xeito é unha pena.
A anterior direitiva sempre, sempre, sempre dicía estar cansos, que seguían por falta de propostas, etc. En fins. Dame pena enterarme disto on-line e non on-presencia.
Pois nada, o de sempre Físico. Cando ti te volvas presentar eu estarei contigo sen problema ningún. Estea en ribadeo estea na Coruña en Madrid. Faltan ideas novas e falta traballo. Espero e desexo que esta nova direitiva, teña alo menos sentidiño.
Eu non son quen de dar consellos, pero penso que Rafael Dieste si é quen e dicía algo así:
Aprobeita o vento e non esquezas o rumbo.
Chenchu
Antigo percusionista da Banda(ds duas... da sinfónica e non sinfónica)
Antigo membro da direitiva.
Antigo membro da Asociación de Bndas Ppulares de Glicia.
Socio actual da Banda de Ribadeo.
E sobre todo: de ribadeo. A Banda foi creada pra e por Ribadeo.
P.D. Espero ter contestado o suficente pra que o meu malquerido Fuji non teña nada que decir e así non ter porque ser 'odiado'.
Olvidábaseme.
Novos proxectos: plantilla estable???
Ai ai ai... Ai mamaiña.
Publicar un comentario