20081017

Comisión de goberno



Teño noticia da comisión de goberno de hoxe porque segundo parece váise tratar entre outras cousas a que coido é rocambolesca reclamación de soldo de Balbino Pérez plantexada hai uns meses, case 13 000 € por 53 días que lle quitaron o soldo de alcalde. Mágoa que trascenda públicamente na prensa ese tema e non os outros a tratar.
A nivel estatal contrasta a nova da primeira causa aberta contra o franquismo, cando en Ribadeo aínda están sen recoñecer nomes senlleiros en Ribadeo como Antonio Fernández Darriba ou Rafael Fernández Cardoso, o primeiro chegado a Ribadeo tras ser represaliado da Universidade de Madrid e o segundo rematando os seus días fuxido en América, ambos citados por estudosos ribadenses, ambos de recoñecida valía e ambos ignorados ata o momento en recoñecemento institucional.
Pode que a falta de recoñecemento nun caso, e as pretensións legais noutro, esteñan relacionadas coa educación. A educación en España ten ramalazos que coido se poden cualificar de raros, dende o primar a 'cultura' e ó tempo baixar o presuposto educativo (aí está a Comunidade madrileña facendo unha quita do 30% nos cartos destinados a profesores universitarios sen previo aviso mentras gasta millóns en actuacións 'culturais' 'empresaraiais' do canal de Isabel II) ata zafarse da aplicación unha materia via a súa impartición en inglés sabendo que non hai profesorado para ela (entre outras cousas, o feito na Comunidade Valenciana este mesmo curso con Educación para a Cidadanía). E podemos continuar. En Ribadeo mesmo, está costando traballo a coordinación de actividades extraescolares coas programadas nos centros, nunha especie de desconcerto educativo que se produce ano tras ano, por moito que unhas e outras sexan actividades educativas e a potencia organizativa e presupuestaria do concello minimice a posibilidade das ANPA.
As fotos, fonte e xardín de indianos. A considerar sobre a súa beleza, oportunidade, axuste a normas ou planos previos, ... A fontes estaba en proba, con auga, e na foto do xardín pode verse o efecto desastroso de presentar a fonte cara a fóra do xardín e, vía supresión de setos, facer que os coches literalmente 'entren' no mesmo parque.

2 comentarios:

Anónimo dixo...

Na prensa (polo menos, nalgúns medios de comunicación) publicouse información sobre tódolos temas a tratar na comisión informativa, non de goberno, que non é o mesmo.

agremon dixo...

Certo. No artigo hai demasiada imprecisión, cando non erro. Por sorte, o sentido xeral, mesmo desa parte, queda a salvo.