20081015

Money, money, money, ...


Un dos puntos álxidos da película Cabaret. O primeiro que se me veu á cabeza despois da xuntanza desta fin de semana nos EUA dos xefes de estado dos países industrializados. Por fin se poñen de acordo, e todo o mundo regocixado porque van gastar máis cartos para solucionar unha crise sacándolle as castañas do lume á xente que nos meteu nela. Iso si, de xeito coordfinado. Máis ou menos, para a xente de a pé, a solución era ou máis crise (por unha beira) ou máis crise aínda (por outra). De aí que a pesares de ser a grande parte da extensión dos diarios, a xente fale da crise para gastar bromas e cousa polo estilo, como sen esperanza: 'abandoade toda esperanza os que aquí entredes', segundo unha obra (xa non lembro cal) en relación ó inferno. O dito. O 12-O, descobrimento de América e atisbos dun novo goberno mundial, unha especie de ONU económica onde hai que pedir entrada e se non estás dentro o máis probable e que segas sen estalo durante moito tempo, hermética, e ... non democrática, aínda que mantida por gobernos de países en teoría democráticos. Mentras, váse producindo máis e máis efectos da crise: este ano non hai 'SIMO', a feira de informática máis importante de españa. O motivo? non había moitos expositores improtantes debido á crise e ... non ía ser rentable.
A nivel Ribadeo algunha nova tamén vai de cartos: cúmprese a previsible dificultade do concello para cobrar as obras comezadas por conta allea para evitar estragos nas casas semiderruídas ou as multas ós construtores, mentras se denuncia que o vial ó cemiterio segue parado (parece que non lle afectou a nova ola de obras no casco urbano) ou a mala recepción da TVG na zona últimamente. Cousa esta úlñtima que é certo que xa tiña que ter sido denunciada polos galegos antes que polos asturianos, en troques de ser ó revés.
A foto, un furado na valla do porto de Mirasol ós Bloques. Despois de extender a valla e impedir o paso ó traverso do lateral sobre a ría, o furado é unha ventana que permite o paso, unha especie de ventana á esperanza de que o porto non ille / non se ille do pobo. Non é o único sitio polo que se pode pasar, pero en calquera caso, os sitios de paso son válidos só para xente cunha certa axilidade.

Ningún comentario: