20081030

É nova o polígono

Pero de xeito imprevisto: polas declaracións do alcalde de Castropol en contra da súa construcción. Coido que un alcalde deberia medirse un pouco máis en opinar sobre os progresos doutros concellos viciños, e comprender ademáis, que xa pasou o tempo do monocultivo. Unha cousa é a especialización e outra a dependencia bananera dun sector. A especialización pode dar ventaxas competitivas (iso din os economistas), pero a submisión a un único produto o que produce é unha dependencia del a menos que se sexa tan forte como para controlar a súa producción e comercialización, ou de xeito equivalente, a súa necesidade, o que evitentemente non é o caso: Ribadeo non é o equivalente da 'United Fruit Company', senón máis ben de 'Guatemala'.

Ningún comentario: