20081103

Datos do uso arquitectónico en Ribadeo

Remato de ver a Comarca (sábado 1/11/2008, nº4625) e nela un artigo de Eduardo Gutiérrez, 'Lalo', titulado "Unha modesta proposición para a terceira idade" no que expón como apoio á súa argumentación unha serie de datos de historia de edificios de Ribadeo, que extraio:
Edificio de r/Trinidade 6. Casa particular dende os primeiros anos do s.XIX ata mediados de século. Entre 1851 e ppos. de s.XX, sé do 'Círculo de recreo' (o Casino), e logo o Colexio das Monxas (Fillas da Caridade, época na que lle adosou a capela á súa beira)
Pazo Municipal: Casa do Marqués de Sargadelos, logo Casa de Casas e na actualidade, pazo Municipal.

Ningún comentario: