20081111

Especialistas matapiollos

    Hai xa máis de tres anos que, debido á oposición municipal, conseguiuse en Tapia que non se destrozaran os lagos de Salave para crear unha mina de ouro a favor dunha multinacional canadiana. Pois volta a comezar: outro proxecto, menos intrusivo, iso si, está xa sobre a mesa. Esperarei a saber máis que o que hoxe trae a prensa e conectarei coa presentación que daquela fixera: coido que agora será a cousa diferente, pero o fondo por desgraza seguramente será parello. Unha ventaxa: unha volta sabido e se venceu unha vez, o enfrontamento preséntase dende unha óptica diferente, con máis moral e tamén con posibilidade de mellorar a estratexia.
    Hoxe trae a prensa o resultado dunha sentecia do supremo: Segismundo García debe ser indemnizado. E, quen é? Por quen? Por que? É o propietario de varios negocios en Ribadeo, debe ser indemnizado por un dos iconos da cultura galega, Isaac Díaz Pardo, e porque iste, a raíz de diferencias sobre como se debe de levar a dirección do grupo Sargadelos, comezou a insultalo. Resultado: intromisión na honra. 100 € de multa. Despois do tratamento mediático que tivo o caso, unha indemnización irrisoria. Mentres, como segue o grupo Sargadelos, unha das insignias da industria galega pola proxección que ten? Da a impresión de que podía ir mellor. O caso que trata a prensa é só unha as arestas que leva anos emponzoñando un grupo de empresas punteiro, que inclúe un grupo de comunicación. Isaac Díaz, mentres, vai de xulgado en xulgado, como se pode ver seguindo a prensa.
    Para rematar doutro xeito, deixo algún dato estatístico sobre Ribadeo: o ano pasado había case un 3 % de residentes estranxeiros en Ribadeo, e a idade media dos ribadenses censados pasaba de 45 anos, sendo máis lonxevas a mulleres que os homes. O saldo de mortos / nacementos é de 108 contra 63, co que, se non fora pola inmigración, Ribadeo tería 45 habitantes menos. Contando con ela, ten 157 máis. É dicir, Ribadeo medra, pero en certo xeito é cada vez menos Ribadeo. Mellor: está pasando a ser 'outro Ribadeo'. Mellor ou peor para vivir nel? Sinxelamente, diferente. O de mellor ou peor incide noutras características máis relevantes para o tema.

3 comentarios:

Anónimo dixo...

Noticia leída en La Voz De Galicia:

<<
Ribadeo comprará un piso para erradicar la última chabola gitana

Ofrece cien mil euros por la vivienda, parte de cuya cantidad la financia la Xunta de Galicia
>>

Boa actuación por a parte do concello (do nacionalista do BNG). Máis abaixo dice a noticia, que parte do piso vaino pagar a Xunta, e a familia gitana (de momento vai vivir de alquiler, xa veremos que alquiler pagan), cando o compren (teñen opción a compra) soamente teñen que pagar a parte correspondente ós cartos que poña o concello.

PERO, ¿PORQUE TANTA HIPOCRESÍA? ¿PORQUE REGALARLLE UN PISO OS GITANOS? ¿PORQUE NON SE INTEGRAN NA SOCIEDADE, TRABALLAN COMO OS DEMAIS, E PUNTO? ¿PORQUE OS DEMAIS VECIÑOS, O SEÑOR ALCALDE NON LLES "REGALA" UN PISO?

Contra isto, non vai facer unha manifestación, ¿verdade?

Anónimo dixo...

Para mín, Ribadeo está a convertirse nun lugar PEOR para todo:
- Para vivir.
- Para sair os sábados noite.
- Para pasear tranquilamente unha tarde de sábado.

Pero isto sucede en Ribadeo (véase o pub As Catedrais, en frente de a discoteca FUTURA, as peleas alí son frecuentes), pero miremos por exemplo Lourenzá, con máis de 200 marroquís (¿non nos acordamos do suceso do marroquí que violou a un veciño? ¿e os roubos dos marroquís nas hortas da xente? Esto visto polos meus ollos na casa dun amigo). ¿E en Burela? ¿Os Cavoverdianos? En Burela todo é distinto, hai un acordo entre o concello e o país. A diferencia dos marroquís de Lourenzá ou dos inmigrantes en Ribadeo, en Burela os cavoverdianos integraronse de verdade no pueblo (sobre todo en idades comprendidas superiores a os 20 anos). ¿E en Barreiros? En barreiros o único que hai son edificacións paradas.

agremon dixo...

Coido que o tema orixinal da entrada derivou cara outro ben diferente. Haberá que tratalo outro día.