20081201

O auditorio Hernán Naval, revisitado


Xa non está aberta a porta da terraza deixando pasar libremente ás máquinas do auditorio e constituíndo un perigo. Hai meses que se arranxou. O que non se arranxou aínda é o que aparece no esquema, do ano pasado, e na foto tomada sábado. Pero alomenos, parece que non vai a máis.
No auditorio estes días segue visible a exposición de fotos de Abertal, colgada do teito, e que representa unha mostra chamativa da vida 'fotografable' por antigüidade da zona Navia-Eo. Aconsellable visitala de día; con luz artificaial os carteis, colgados do teito, non se ven de igual xeito cara a luz que cando a quen mira a ten detrás.
A outra foto é unha curiosidade: unha única bicicleta das promocionadas e bombo e platillo hai dous anos, gardada/abandoada no auditorio, un lugar no que non había posto de aluguer. As outras supoño que estarán gardadas na oficina de turismo, nos baixos.













































Ningún comentario: