20081103

Ribadeo, Cortijo

Tomo o título a partires dunhas declaracións de Andina en relación a Balbino Pérez Vacas, que coido deberan ter máis repercusión, pois o de considerar o concello como propiedade e non como deber de administración é algo extendido entre os alcaldes.
Pero non só parece ser cousa de alcaldes o trato a Ribadeo (e á cidadanía en xeral). Parece que o outro día estivo aquí o Delegado de Educación, e despois de asignar só 400 000€ nos orzamentos para o ano 2009 para a obra do novo IES de Ribadeo (ver www.economiaefacenda.org/orzamentos/2009/PR/INV_REAIS_I_09.PDF, páx. 476), resulta que a nota de prensa que saca o concello non fala da obra. En troques, La Voz de Galicia, subtitula unha nova de onte: "La unión podría demorarse al curso 2010/2011, porque aún no se ha iniciado la reforma del Gamallo Fierros". É dicir, váise demorar alomenos un curso de xeito efectivo, aínda que pode que non de xeito administrativo (que primará, a ocupación por dous centros dun edificio ou o comezar un centro novo sen estar adecuado o espazo?). Di a prensa que as obras non foron aínda licitadas. Nin o poderán ser antes do próximo ano, pois este non había un can consignado para facelas. E tampouco haberá moito o próximo: menos da metade do necesario, segundo adiantara o Delegado e abril, co que a maior parte parece que deberá ser feita xa en 2010 e non en 2009, onde tería que estar xa rematada. Di a prensa que está a piques de rematarse o proxecto: os traballadores nos centros, que poderiamos aportar ideas, e a quen se nos dixo, sen pedilo, que íamos a poder botarlle unha ollada a tempo, coido que non o veremos ata que xa esteña construído. Supoño que os alumnos e os pais, un pouco despois...

Ningún comentario: