20081126
Xa non é nova
Non, xa non é nova que cheguen ás nosas costas especies que antes eran descoñecidas. Medusas ou peixes lúa vánse facendo un oco entre as especies habituais mentras o cambio climático segue a bater marcas de desxeo nos polos. Iso, a pesares do mal tempo que estes mesmos días está a deixar a súa tarxeta de visita (onte, ó longo do día mellorou abondo, dando a prensa novas sobre ondas de 5m no mar) mentras a construcción veigueña e a medra do Suarón fai temer por novas inundacións.
Hoxe chámanme a atención as declaracións do alcalde respecto a negativa de patrimonio para a construcción dun aparcadoiro subterráneo (ver o blog de notas de prensa). Resulta que non comparte a decisión porque se permitiu o ascensor da Atalaia. O razoamento pode ser invertido totalmente do mesmo xeito: por que se concedeu o permiso para a obra da Atalaia se non o da para o Subterráneo? Coido que por aí deberan ir os tiros, esixindo a rectificación no caso da Atalaia e non no do aparcadoiro. Ó fin, pode que o non ter aparcadoiro mesmo no centro obrigue a outras alternativas, como un sistema local de transporte, algo que non se considerou nunca e que coido que xa podería estar establecido a nivel de parroquias, cun autobús de ida e volta estrada do interior/estrada da costa que ben poidera ser rendible cos tempos que corren.
A imaxe, os raios de Sol sobre Mirasol.
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
Medio,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
5 comentarios:
Hola Antonio
No he estado muy atento al asunto del aparcamiento. Creo que era por la zona del mercado. ¿cuales eran las razones de no conceder la licencia?. ¿seguridad? ¿daño al medio ambiente? ¿protección arqueólogica o urbana?.
La verdad es que no encuentro explicación. Se me alcanzan cosas como las que tu comentas: modelo de gestión de ciudad, transporte urbano, etc, pero desde el punto de vista del patrimonio....
Boas Antonio;
Na miña opinión, a idea do aparcadoiro ten moito dese carácter de reivindicación da identidade ribadense que, ás veces, se dá nesta vila. (Recordemos que xa hai anos que Viveiro ten un aparcadoiro subterráneo e bastante céntrico, e todos sabemos ,como sentan as comparacións cos veciños).
Sen entrar a discutir a súa utilidade, debo dicir que respecto do que apuntabas ti, añadiría que non viría mal revisar a liña de tren que conecta a Veiga e Ribadeo; aínda que é evidente que isto último non é tan doado.
Pouco máis sei que a nota de prensa deixada en http://prensa-ribadeo.blogspot.com/ , pero non, non se trata dun subterráneo no mercado, senón no parque. En canto ás razóns do rexeitamento de patrimonio, nin idea.
non entendo nen atopo explicacion a negatica para a construccion dun aparcadoiro subeterraneo no parque,ou no mercadero que penso que seria mais correcto.....
bueno...vexamos cando se comenza a traballar polo desenvolvemento do pobo e nos deixamos de tantas lerias, porque parece que en pleno seculo XXI, esiste xente que ainda segue empenhada en vivir nun palleiro...e unha cousa e defender o que nos representa e o noso medio e outra non deixar levar a cabo ningunha iniciativo e criticar a moitas sen ningun motivo de peso....
con esto penso que queda bastante ben resumida a miña humilde por outra parte opinion....
boas...
deixeille un comentario fai unhos intres...e velo seu espazo,o seu blog,fixome pensar en crear un propio no que amose os meus puntos de vista e cree as miñas propias opinions....coma eu me pasei polo seu e lin as suas publicacions,e por outra parte...os seus pensamentos....convidolo a que visite o meu blog e comente o que lle pareza con total liberdade....
ata outra....
Publicar un comentario