20081223

Algunha foto


Na rúa peonil Rodríguez Murias comezou a moverse o solar xusto fronte á rúa Calvo Sotelo, despois de pasar moito tempo en malas condicións. Agora está limpo e disposto para construír, co que é de supoñer que pronto se verá aí un novo edificio, de fachada parella ó que caeu, se nos fiamos das fotos que aparecen de anuncio. Por tras del agora vése a traseira dos edificios do mercado/ Doutor Moreda. No futuro, no medio, haberá outro edificio que xa está a construírse entre o calexón que da a Doutor Moreda e a rúa Ramón González.

Un repaso tamén o necesita o tellado da casa baixa da rúa Buenos Aires que hai non moito albergaba unha tasca e que se ve na imaxe. De non mediar amaño, pronto estará entre as casas que o concello ten para reparar.

As outras fotos son do Rego de Vilaselán ó seu paso polas estradas en campoxurado. Hai moito tempo que non se vía coas beiras tan limpas, podendo distinguir ben ambas pontes. As fotos están dispostas seguindo o curso do rego segundo ven da zona do Voar, despois de pasar por baixo da construcción. A primeira, chegando á ponte sobre a estrada vella, que quedou cortada cando se fixo a estrada da ponte dos Santos, vendo o río sen canle algunha. A segunda, na zona entre isa ponte (a que se ve ó final) e a ponte sobre a estrada nova que veu substituír a aquela, xa cun muro de formigón pola beira, que continúa na terceira con pedra. A terceira, dende aquela ponte cara ó norte, camiño da desembocadura.














Ningún comentario: