20081209

A casa de baños, análise fotográfica actual






Despois de 'Tres fotos de Ribadeo', quedábame o descobrir se se podía entrar na zona da antiga casa de baños ou non. Pois si, cúmprese a lei e o resultado son as fotos que acompañan.
A entrada, pola pasarela máis pegada á beira do peirao, permite ver a antiga praia, á que se chega despois de sortear un desprendimento pequeno con maleza.
No fondo, a 'piscina' resulta unha curiosidade tal como está o entorno, e máis con auga chorreando a feixes dende o cantil como era o caso.
A vista dende o recuncho, agora limitado polo restaurante, é diferente pola orientación da ponte. E, para rematar, a cova (non sae nestas fotos) e sobre ela os restos dunha tentativa de facer unha pasarela entre as escaleiras dunha beira e a baixada ás gradas do pé da ponte (hoxe o paso está mal mentras non se remate a revisión das columnas), pasarela marcada na foto do sixpac de abaixo.

Ningún comentario: