20081202

Cinco imaxes, un só Ribadeo






Ribadeo ten moitas facetas. Hoxe, sen grandes novas, aquí quedan cinco imaxes como testemuña.
A primeira, montañas nevadas na outra beira da ría, vistas dende a r/ Buenos Aires.
a segunda, a igrexa semioculta polo edificio guadiana que é a carpa que unha e outra volta se monta no parque, desta levantada para o mercado do Nadal. A última volta pasou por riba dos límites da herba que se estaban a poñer. Desta non vai ser menos.
A terceira tamén é do parque, dun motivo de decoración moderno, que é o que representa o cadro de control do mexadoiro de King Kong. Sobre el xa ten falado O Tesón co alcalde, pero polo que parece non hai solución por tema de normativa eléctrica...
A cuarta, unha 'obra efímera'. Un típico destrozo no centro do pobo, máis visible pode que polo lugar que ocupa, moi transitado, e pola mesma sinal que mantén, de prohibido o paso.
A última foto tamén é de natureza, como a primeira: a 'palmeira solitaria', na zona do xardín, no que no seu tempo foi xardín dunha casa de indianos que se tirou. os seus arredores, non sei moi ben se semipreparados dende hai tempo para levantar un edificio, teñen un aspecto non demasiado agradable.

Ningún comentario: