20081231

Fin de ciclo

Noutro momento falarei do que significa o 31 de decembro en xeral e para min. Agora só prestar atención a un par de novas, unha delas que hoxe volve unha nova edición da carreira de san Silvestre (polo santoral de hoxe) de Ribadeo, con recorrido semellante a outros anos pasados.
A outra, algo que marca tamén unha 'sesión fin de ciclo', para min máis sinalada que a de fin de ano: unha nai denuncia (en Ribadeo) á Garda Civil que lle venderon bebidas alcohólicas á súa filla menor de idade. Non vai evitar que na noite próxima se consuma alcohol de máis, pero si marca un paso (importante) cara ó futuro. E, tal como están as cousas hoxe en día, e dada a presión de grupo (unha cousa da que se fala moito respecto da xente nova, pero que ocorre en tódalas idades), un pouco máis e case se pode considerar unha heroe.

1 comentario:

agremon dixo...

Coido que pola importancia e a tenor dun comentario noutro post anterior, voltarei sobre o tema...