20081226

Mañá hai convocada unha manifestación

Avisáronme de que mañá sábado hai convocada unha manifestación. Ás 11 diante do concello. Trátase de protestar polo "Plan Sectorial Galego de Solo Residencial ", polo que o concello sacou unha nota de prensa o día 18, e mantivo unha xuntanza informativa coido que o día anterior.
Certo é que o prazo para alegacións non é moi aló (termina mañá), e que hai que ver os detalles máis do que eu os teño visto, para evitar pronunciamentos en balde. Por exemplo, fálase na nota de prensa de 30 000 m2 para 105 vivendas, o que representaría ... 280 m2 por vivenda, o que evidentemente está mal. Tamén se fala de reservar 4 500 m2 de zonas verdes, o que representa algo así como 42 por cada vivenda. Esas medidas corresponde aproximadamente de xeito exacto ó que estaría encadrado na zona entre Antonio Otero e Ibáñez, co que en principio non sería nada nvo.
Pero o que si da algo para pensar é o que pon que as vivendas protexidas estarían ó alcance de caquera que non chegue ós 4 000 €/mes. Non entendo moi ben que, por exemplo, alguén que esteña nos 3 000 €/mes teña dereito a unha vivenda protexida. De xeito parello, e segundo as informacións do concello, hai disposto para o tema cousa de 3,5M€, o que fai un importe de 33 000 €/vivenda, coido que "algo" inferior ó necesario. E como se trata de expropiacións se non se vende de boa fe, aí está un importante asunto, aínda que supoño que só será unha cantidade inicial ou para facer só un dos temas previstos.
Polo demáis, consolidar a vivenda no centro é loable, e nese sentido, coido que a moita poboación que non está dentro da área configurada polas rúas ditas lle gustaría que a súa zona entrase no plan.

4 comentarios:

Anónimo dixo...

Consolidar vivenda dentro do que está considerado Conxunto Histórico??
Os metros que dis se reservan para zonas verdes por vivenda ¿contando as existentes e tendo en conta que eran as hortas/patios expropiadas os propietarios desas casas e que esa tipoloxía corresponde a tradicional na zona?

Non entendo: Esas medidas corresponde aproximadamente de xeito exacto ó que estaría encadrado na zona entre Antonio Otero e Ibáñez- Sole

agremon dixo...

Agora mesmo no Conxunto histórico hai vivenda, logo está xa consolidada.
En canto ás zonas verdes, o oque digo é que corresponden máis ou menos ó que xa hai. Non me meto se teñen diferente configuración ou non, que non o sei. De calquera xeito, se teñen que conservar fachadas, os patios seguirán a ser patios en cnato a forma. En canto ó de expropiar, é o que me refiro que se non hai cartos dispostos, non sei como o van facer sen expropiar, e onde vexo o punto máis débil de todo o asunto.
En canto ás medidas xerais, con coller o SIGPAC éo que sae, a zona que entendo que está afectada.

Anónimo dixo...

Agenda 21-Plan Sostible e logo sobreedificación no casco antigo. As vivendas que sempre existiron si pero meter mais vivendas, mais cemento ¿de qué?
que patios se conservan si expropian?

agremon dixo...

Entendo que non é meter máis vivendas, senón substituír e amañar. En canto ós patios, coido que un patio nunha vivenda nun solar previamente expropiado segue a ser un patio. Outra cousa é que se poideran abrir ou non, por exemplo.
É dicir, entendo que o plan pode ter cousas a contestar, pero non vexo que sexa irracional de principio. Que necesite amaños e máis cartos, eso xa é outra cousa. De feito, as notas ata agora quedan moi curtas en canto a información, como digo na entrada. Non vexo que se vaian facer vivendas sociais de moito máis de 200 m2 como cadraría tomando os números dados sen máis.