20081224

Mercado de Nadal

Hoxe haberá mercado de Nadal. E non me refiro ás entradas para o partido / propaganda de A Coruña entre Galicia e Portugal, que serán sinxelamente repartidas, senón ó mercado dos mércores. Parece que ante o que pode ser un día forte de emrcado os comerciantes abandoarán hoxe a folga. Parece ser tamén que se lles cobrará todo o mes como corresponde. Non teño idea de se se lles cobra por adiantado ou ó finalizar, pero si preveo que como se lles cobre ó finalizar, os problemas non fixeron máis que comezar.
Os argumentos son craros: as taxas cóbranse, porque se non, calquera podería dicir o mesmo e pasar a non pagar en xeral as taxas. E o concello está tan afeito a que se paguen como os cidadáns a pagalas, mesmo en aumentos grandes, moito por riba do IPC (como sucedeu o pasado ano para compensar atrasos 'históricos') e mesmo cando contraveñen convenios anteriores do concello ós que deberan estar submetidas (como o caso das correspondentes á Escola de Música para o colectivo de músicos). E así como vexo normal que se apliquen as taxas, non vexo motivo para que calquera delas poda ser tratada polos políticos como 'taxa acordeón', aumentando bruscamente ou exprimindo o custe a vontade do músico que anda a tocar.
En fin, supoño que hoxe estará concurrido o mercado, aínda que sexa para algunha xente só para curiosear.
Por certo, dicir boa Noiteboa parece unha reduncia, pero é un desexo. Polo menos, o meu. Esperemos que tamén o 'Lero', accidentado onte ó ser golpeado por un coche á saída do aparcamento do Gadis, poda dicir que pasou unha boa noite.

Ningún comentario: