Mesa de asociacións de viciños de Ribadeo
Día: Venres 20081205
Hora: 20:00
Lugar: Casa da Xuventude de Ribadeo
Asistentes
por: O Tesón (Pancho, José Mª e Antonio), O Cantal de Rinlo (Jesús), A
Madanela de Remourelle (Mª Toni), a Atalaia (Soledad e Rocío), Vilaselán
(Isabel) e Santalla de Vilaosende (José Ángel).
Comezou a
xuntanza dando nota por parte de O Tesón de que non se convocara a unha
asociación por non dar entrado en contacto con ela, estando as demáis
avisadas. Asemade, deuse conta de que a última volta que se falara co
alcalde sobre a Mesa de Asociacións quedara en convocala para mediados
deste mes, sen que ata o momento estivera convocada e despois de vir
arrastrando esta situación de 'pre-convocatoria' dende agosto, mes no
que se quedara en convocar. É precisamente esta falta de convocatoria a
que impulsou ó Tesón a promover a presente xuntanza.
Sen unha orde
do día previa, pasouse a tratar o tema do Regulamento de Participación
Cidadá, repartindo un borrador para facer un estudo e presentar no
concello para a súa tramitación coas variacións que se estimen
oportunas. Neste punto, a instancias de a Atalaia, xurdiu un debate
sobre a asistencia doutro tipo de asociacións (Amas de casa, Rinlo bai,
Cogami, ...) ás reunións da mesa, continuando no futuro cunha estrutura
semellante á actual.
Outro punto foi o Regulamento, contrato tipo,
etc, correspondente ó Hospital Asilo, en período de información pública
ata xaneiro, coa recomendación de que se recolla o aprobado en primeira
instancia no pleno pasado para presentar as alegacións que se estimen
oportunas, algo que as asociacións que xa fixeron unha primeira letura
(Tesón e Atalaia) estiman moi convinte debido as lagoas observadas.
Con
posterioridade coméntase a instancias de J. Ángel (Santalla de
Vilaosende) a posibilidade de aproveitar a financiación de 1 700 000 €,
tendo en conta que ven destinada do goberno central ós concellos, tendo
no punto de mira o desemprego. Non embargantes, debido ó pouco prazo
para presentar o plan correspondente, polos concellos, sería posible
para as asociacións o axudar na tarefa de paso que se tentan solventar
problemas de obras nalgunha zona concreta. Nese sentido, conviría, a
pesares de que as asociacións xa teñen presentado diversas peticións ó
concello, retomalas de ser posible e facer para cada unha un
anteproxecto valorado coas indicacións fundamentais e un orzamento, con
miras a simplificar a xestión interna na casa do concello e, sen perder a
subvención, dirixila ás obras que se consideran máis adecuadas.
A
continuación, e dado que Pancho Campos é un dos catro representantes
das AAVV na recén creada Comisión de Participación Cidadá da área
sanitaria de Cervo-Burela, explicou o programa QUERES, ofrecéndose para
os trámites que se podan tratar mediante o mesmo, xurdindo xa o tema da
ambulancia para o tratamento no Juan Canalejo de A Coruña ou o 902.
Déuse remate á xuntanza pouco antes das 21:30 horas, quedando en facer unha próxima xuntanza en febreiro.
Entrada publicada en http://o-teson.blogspot.com na mesma data á que é asignada a súa reprodución e o mesmo etiquetado.
Ningún comentario:
Publicar un comentario