20081201

A ría de Ribadeo

Só unha foto, a ría completa, construída a partires de varias imaxes do sixpac e sigpac nunha web asociada a este sitio. Pode verse dende a illa Pancha e Punta da Cruz ata a illa de Abres, lugar onde chega a marea de xeito corrente no río Eo. Máis ou menos a partir dalí para o interior a marea deixa de funcionar paulatinamente segundo sexan mareas vivas ou mortas. Está feita para un traballo sobre as mareas, traballo que aínda necesita ser rematado. Téñoa a máis resolución, pero ... non cabe como ficheiro. De calquera xeito, ó premer co rato sobre ela, amplíase ... abondo.

Ningún comentario: