20081212

A río revolto...

Sóese dicir aquelo de 'a río revolto, ganancia de pescadores'. E certamente, Ribadeo ten ríos, pero polo menos ata o momento, nestes lares a pesca de río (feita por afeizoados) deixou sempre moito menos pescado que a do mar (realizada sobre todo por profesionais).
Venme á cabeza a imaxe cando vexo un novo jaleo interpolíticos a conta do mercado. Resulta que todos máis ou menos coinciden en que hai que aplicar o ordenanza para os postos do mercado, pero... como todos teñen que falar (non saír na prensa, ou facelo máis tarde cunha posición máis meditada parece ser terrible), xa se monta. E así, nacen acusacións falsas ou que habería que matizar (o mesmo qeu as defensas correspondentes), aparecen mediadores ou, dando a volta a un comentario que fixen o outro día no blog, hai quen parece que pide que non se aplique a lei porque non se aplica noutras circunstancias. Mentres, o alcalde non parece que teña problema en reunirse cos afectados, pero o caso é que non se reúne. E, no medio, os afectados non deixan de ver afectados os seus intereses mentres os habituais do mercado están a velas vir.
Así, neste caso, unha volta identificado o 'río revolto', quen son os 'pescadores'?

Ningún comentario: