20081215
Temperatura ambiente
Onte choveu, pero non moito. Houbo vento a rachas, aínda que non tanto como outras veces. Temporal? si, 'o normal'. Quizáis a meteoroloxía de onte veu definida polo que debe ser a tempreatura mínima este inverno ata o momento na Pedro Murias: 3,6ºC ás 9:30 da mañá do domingo. Hoxe xa parece que a cousa vai mellorando en canto a temperatura.
En canto a novas, este fin de semana tamén foi frío en Ribadeo, sen novas. Tanto, que a web do concello segue coa novidade da nota de prensa do mércores.
Por iso collo novas máis alonxadas, e deixo para quen queira un artigo de Moisés Naím, 'Las sorpresas de 2008', que trata de lembrar a historia recente deste ano cas contradiccións que en boa parte dos casos non sairán nos resúmenes de prensa que os xornais publican a fin de ano.
Mentras, seguen a caldear o ambiente as revoltas estudiantís en Grecia. En principio, contra o plan Bolonia, pero comezadas na súa fase forte pola morte dun estudante a mans da policía e con temas como a precariedade do emprego e os baixos salarios de fondo. Non é estrano que haxa quen pense que outros países, España entre eles, podan seguir a senda grega. Tampouco o é que se tente desprestixiar unha protesta a base de dicir que é violenta. Por suposto, ten episodios violentos: aí está a morte do estudante, non precisamente a man dos protestadores. De feito, se é protesta, é porque non se axusta a non protestar... e a convir que todo vai como un paseo sobre campos de margaridas. Cúlpase ós anarquistas. E pode que leven a voz cantante nas ideas que soportan a protesta: 'rematar coa desinformación', 'centrar a información a traverso de internet e sms', ... mesmo poemas, "Se eu non incendio, se ti non incendias, se non incendiamos, ¿como facer luz das tebras? (ver)
As fotos, tomadas só con minutos de diferencia,a Ponte dos Santos sobre a ría de Ribadeo e sobre a cámara e a Punta da Cruz, esquina asturiana da saída da ría de Ribadeo, notándose o temporal
Etiquetas:
Fotos ría de Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
2 comentarios:
So quería comentar o nome do propio blog: o blog de Ribadeo, que coido, é lixeiramente presuntuoso tendo en conta que en Ribadeo hai xente que non está de acordo con as suas opinions e non entende como vostede se ergue en portavoz de todo un pobo nomeando o seu blog como: O blog de Ribadeo, ben e certo que debaixo explicase que se trata das suas cousas e do seu punto de vista pero ainda así, o nome do seu blog é desafortunado.
Moitas gracias
Para los que no estamos en Ribadeo mas que de Pascuas a Ramos y sin embargo tenemos interés en conocer lo que pasa en la ciudad nos viene muy bien recibir las noticias, los comentarios y las fotos que publica Antonio. No creo que él se postule como portavoz de todo un pueblo pero en cualquier caso sus testimonios representan seguramente a mucha gente y siempre están expuestos con delicadeza y espíritu de servicio.
Y yo se lo agradezco infinitamente pues gracias a sus escritos recibo cada día el soplo de los aires por las calles, el olor del mar y de la hierba del campo. Yo no tengo ningúna influencia en Ribadeo, afortunadamente para sus habitantes, pero si alguna tuviese nombraría a Antonio cronista oficial de la villa.
Un saludo
Publicar un comentario