20081202
Toma e daca
Onte o concello enviou dúas notas de prensa relacionadas: por unha daba conta da recepción dunha subvención da Deputación; pola outra, da apertura de prazo para subvencións correspondentes a iste ano. Chama a atención que foran ambas novas o mesmo día, así como que se abra o prazo para subvencións para iste ano o 1 de decembro (cun prazo para presentar todo de 15 días).
O que non chama a atención é que se caera unha parte do muro que suxeita o cantil nas vivendas sobre Mirasol. Por que? paseando por alí nótase como algo estrano, e polo tanto o que chama a atención é que se construíra, non que agora se caia por facer unhas obras de circunvalación do porto que deixarán illadas as instalacións da xente do pobo.
A prensa trae que finalizou o prazo para as propostas para a compra dun piso adicado á familia chabolista. Agora haberá que actuar doutro xeito se non se quere perder a subvención, e co fondo de que hai xa tempo que a familia anunciou que non podía pagar no futuro o que se pretendía dela, co que se sumará algo máis de embrollo ó tema.
Deixo en Ribadeo-historia a normativa que se votou o pleno pasado para réxime interno, condicións económicas e demáis para o hospital asilo. Coido que canto máis xente lle bote unha ollada, mellor sairá. E certamente, penso que necesita un repaso. As asociacións de veciños de Ribadeo xa están no tema, pero a xente deber aportar o seu punto de vista.
Etiquetas:
Fotos Ribadeo,
sociedade
Subscribirse a:
Publicar comentarios (Atom)
Ningún comentario:
Publicar un comentario